Proxección de ‘¡Canta 2!’ en Vilagarcía

sáb27xul22:00Proxección de ‘¡Canta 2!’ en Vilagarcíaciclo de cine 'fantasio na rúa'22:00 Concello de Vilagarcía de Arousa - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

O programa ‘Fantasio na Rúa’ que organiza a Concellería de Xuventude de Vilagarcía de Arousa, proxectará o sábado 27 de xullo na Praia de Bamio, o filme de animación ¡Canta 2!’ (Garth Jennings, EEUU, 2021).

Como no resto do ciclo, as proxeccións de ‘Fantasio na Rúa’ son gratuítas, sobre unha pantalla led, que permitirá que na maioría dos casos se poidan exhibir a partir das oito e media da tarde, como continuación a unha probable xornada de praia ou outro tipo de ocio.

SINOPSE

Nun mundo de animais antropomórficos, o koala Buster Moon é o propietario dun teatro onde organiza espectáculos musicais. No concurso de canto máis grande do mundo conseguiu que os debutantes Rosita, Mike, Johnny, Ash e Meena fosen lanzados á fama.

Aínda que aínda se descoñecen os detalles da trama deste novo filme de animación, o que está asegurado é que gozaremos de moitas versións de cancións populares.

Esta película de animación é a secuela de ‘Canta!’ (2016).


‘FANTASIO NA RÚA’

Durante un mes e con catorce cintas, o ciclo ‘Fantasio na Rúa’ levará o cine a todos os cascos urbanos, pero tamén aos barrios e parroquias e sempre o a aire libre. A xira comeza na noite do martes 16 de xullo nos xardíns de Ravella e concluirá o mércores 14 de agosto, en plenas festas de San Roque, con ‘Pinocho’, de Guillermo del Toro, en Cea.

A programación do ciclo ‘Fantasio na Rúa’ é a seguinte:

  • ‘Barbie’ | 16 de xullo | 22.00h | Praza de Ravella
  • ‘O Mostro Mariño’ | 17 de xullo | 20:30h | Os Duráns
  • ‘¡Vaya Vacaciones!’ | 24 de xullo | 22:00h | As Pistas
  • ‘¡Salta!’ | 25 de xullo | 22:00h | Vilaxoán
  • ‘Amigos hasta la muerte’ | 26 de xullo | 22:00h | Trabanca Badiña
  • ‘¡Canta 2!’ | 27 de xullo | 22:00h | Praia de Bamio
  • ‘Honeymoon’ | 28 de xullo | 20:30h | Rubiáns
  • +Cuñados’ | 30 de xullo | 20.30h | Praia de A Covacha de Carril
  • ‘O ascenso das Tartarugas Ninja’ | 1 de agosto | 20:30h | O Sixto
  • ‘Dragones y Mazmorras: Honor entre ladrones’ | 5 de agosto | 22:00h | Parque da Coca
  • ‘A elefanta do mago’ | 6 de agosto | 20:30h | Sobradelo
  • ‘O dragón de papá | 11 de agosto | 20:30h | Cornazo
  • ‘As Neves’ | 12 de agosto | 22:00h | Parque da Xunqueira
  • ‘Pinocho de Guillermo del Toro’ | 14 de agosto | 22:00h | Cea

Hora

(Sábado) 22:00

Localización

Concello de Vilagarcía de Arousa

Está pasando!