Proxección de 'Hamada' en Bueu

ven27feb21:00Proxección de 'Hamada' en BueuCineclub Bueu21:00 Concello de Bueu - Bueu

Detalles do Evento

Coa proxección do documental ‘Hamada’ (Eloy Domínguez Serén, Suecia, 2018, VOSE), o Cineclub Bueu quere conmemorar os 50 anos da República Saharauí.

Será o venres 27 de febreiro, coma sempre, ás 21:00 horas no Centro Social do Mar.

No medio do deserto do Sahara viven as xeracións ás que Marrocos negou o país en 1975. Con vitalidade, humor e situacións inesperadas, este documental é o retrato dun grupo de amigos que viven nun campamento de refuxiados en pleno deserto.

Xuntos, usan o poder da creatividade e a diversión para denunciar a realidade que lles rodea e expandirse máis aló dos límites do campamento.

O prezo da entrada é de 2 euros para socixs anuais e 4 euros para socios por sesión.

Co novo ano comeza a periodo de renovación dxs socixs que poderá facerse xunto á compra da entrada.

Hora

(Venres) 21:00

Localización

Concello de Bueu

Está pasando!