Proxección de 'Mironins' en Pontevedra

dom03mar12:00Proxección de 'Mironins' en PontevedraXXV Salón do Libro de Pontevedra12:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

No marco do XXV Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, terán lugar tres matinés de cinema familiar, organizadas polo Cineclube Pontevedra, das que se poderá gozar os domingos 3, 10 e 17 de marzo ás 12:00 horas no Teatro Principal.

Os filmes que se proxectarán son, respectivamente: ‘Mironins’, un divertido achegamento para as crianzas máis pequenas da casa ao imaxinario do pintor catalán Joan Miró; ‘A viaxe de Ernest e Celestine’, baseado na serie de libros infantís da autora e ilustradora belga Gabrielle Vincent; e o clásico de Miyazaki ‘Nicky, a aprendiz de bruxa’.

Nas tres sesións, o acceso é libre e de balde até completar cabida.



Así, o domingo 3 de marzo, proxectarase o filme ‘Mironins’ (Mikel Mas Bilbao e Txesco Montalt, 2021, 61 min), especialmente recomendada a partir de 3 anos.

Cada noite, cando o museo de Joan Miró pecha as súas portas e as persoas que o visitan marchan á casa, tres pinguiñas de pintura cobran vida nos cadros do pintor catalán. Son os Mironins, tres amigos inseparables que viaxan de obra en obra para viviren aventuras trepidantes canda a unha infinidade de personaxes tan surrealistas coma inesquecibles. No interior dos cadros, os Mironins descobren o fascinante universo da arte, onde creatividade e imaxinación son inesgotables.

Gañadora do Gaudí ao Mellor Filme de Animación e nominada ao Goya, ‘Mironins’ achega o imaxinario dunha das grandes figuras da arte do século XX ás crianzas máis pequenas da casa. As súas aventuras están baseadas no libro de actividades infantil ‘Mironins, un libro para jugar y aprender con Joan Miró’ (2013), de Anna Carretero, Marcela Hattemer e Anna Purroy.

Hora

(Domingo) 12:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!