Proxección de ‘O ascenso das Tartarugas Ninja’ en Vilagarcía

xov01ago20:30Proxección de ‘O ascenso das Tartarugas Ninja’ en Vilagarcíaciclo de cine 'fantasio na rúa'20:30 Concello de Vilagarcía de Arousa - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

O programa ‘Fantasio na Rúa’ que organiza a Concellería de Xuventude de Vilagarcía de Arousa, chega a O Sixto coa comedia de aventuras animada ‘O ascenso das Tartarugas Ninja’ (Andy Suriano, Ant Ward, EEUU, 2022).

Como no resto do ciclo, as proxeccións de ‘Fantasio na Rúa’ son gratuítas, sobre unha pantalla led, que permitirá que na maioría dos casos se poidan exhibir a partir das oito e media da tarde, como continuación a unha probable xornada de praia ou outro tipo de ocio.

SINOPSE

As Tartarugas Ninja mutantes adolescentes fan fronte ao seu maior desafío cando un estraño chega do futuro cun aviso urxente.

Leonardo vese obrigado a levantarse e guiar aos seus irmáns, Rafael, Donatelo e Miguel Anxo nunha loita para salvar ao mundo dos “Krang”, unha terrorífica especie alieníxena.


‘FANTASIO NA RÚA’

Durante un mes e con catorce cintas, o ciclo ‘Fantasio na Rúa’ levará o cine a todos os cascos urbanos, pero tamén aos barrios e parroquias e sempre o a aire libre. A xira comeza na noite do martes 16 de xullo nos xardíns de Ravella e concluirá o mércores 14 de agosto, en plenas festas de San Roque, con ‘Pinocho’, de Guillermo del Toro, en Cea.

A programación do ciclo ‘Fantasio na Rúa’ é a seguinte:

  • ‘Barbie’ | 16 de xullo | 22.00h | Praza de Ravella
  • ‘O Mostro Mariño’ | 17 de xullo | 20:30h | Os Duráns
  • ‘¡Vaya Vacaciones!’ | 24 de xullo | 22:00h | As Pistas
  • ‘¡Salta!’ | 25 de xullo | 22:00h | Vilaxoán
  • ‘Amigos hasta la muerte’ | 26 de xullo | 22:00h | Trabanca Badiña
  • ‘¡Canta 2!’ | 27 de xullo | 22:00h | Praia de Bamio
  • ‘Honeymoon’ | 28 de xullo | 20:30h | Rubiáns
  • +Cuñados’ | 30 de xullo | 20:30h | Praia de A Covacha de Carril
  • ‘O ascenso das Tartarugas Ninja’ | 1 de agosto | 20:30h | O Sixto
  • ‘Dragones y Mazmorras: Honor entre ladrones’ | 5 de agosto | 22:00h | Parque da Coca
  • ‘A elefanta do mago’ | 6 de agosto | 20:30h | Sobradelo
  • ‘O dragón de papá | 11 de agosto | 20:30h | Cornazo
  • ‘As Neves’ | 12 de agosto | 22:00h | Parque da Xunqueira
  • ‘Pinocho de Guillermo del Toro’ | 14 de agosto | 22:00h | Cea

Hora

(Xoves) 20:30

Localización

Concello de Vilagarcía de Arousa

Está pasando!