Proxección de 'París, Texas' en Pontevedra

lun27mai20:30Proxección de 'París, Texas' en PontevedraCineclube Pontevedra20:30 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O luns 27 de maio, ás 20:30 horas no Teatro Principal de Pontevedra, proxectarase o filme ‘París, Texas’ (Wim Wenders, 1984, RFA, 144 min., VOSE, Lingua orixinal: inglés), nunha nova sesión organizada polo Cineclube Pontevedra.

Un home camiña polo deserto de Texas sen recordar quen é. O seu irmán búscao e intenta que recorde como era a súa vida catro anos atrás, cando abandonou a súa muller e o seu fillo. A medida que vai recuperando a memoria e se relaciona con persoas do seu pasado, cuestiona a posibilidade de refacer a súa vida.

Palma de Ouro, Premio do Xurado Ecuménico e Fipresci en Cannes 1984.



MAIO 2024

Os novos traballos de Bertrand Bonello, Alice Rohrwacher e Jonathan Glazer, estreadas durante o 2024, conformarán a programación dos martes de maio no Cineclube Pontevedra.

Dos luns de filmoteca será protagonista o alemán Wim Wenders, de quen proxectaremos dúas das súas obras máis emblemáticas: ‘Alicia nas cidades’ e ‘Paris, Texas’, que cumpren respectivamente 50 e 40 anos desde a súa estrea.


Cineclube Pontevedra é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo funcionamento e financiamento depende fundamentalmente das achegas económicas que realizan periodicamente as súas socias e socios, cara a quen está dirixidas as súas actividades. Asóciate!

Hora

(Luns) 20:30

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!