Proxección de ‘Pinocho’ de Guillermo del Toro en Vilagarcía

mér14ago22:00Proxección de ‘Pinocho’ de Guillermo del Toro en Vilagarcíaciclo de cine 'fantasio na rúa'22:00 Concello de Vilagarcía de Arousa - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

O programa ‘Fantasio na Rúa’ que organiza a Concellería de Xuventude de Vilagarcía de Arousa, proxectará en Cea, o mércores 14 de agosto ás 22:00 horas, o filme de animación ‘Pinocho’, de Guillermo del Toro.

Está protagonizada polas voces de Jacob Tremblay, Gaten Matarazzo, Golshifteh Farahani, Dianne Wiest, Rita Moreno, Chris O’Dowd, Judy Greer, Alan Cumming, Yara Shahidi, Jackie Earle Haley, con Whoopi Goldberg e Ian McShane

Como no resto do ciclo, as proxeccións de ‘Fantasio na Rúa’ son gratuítas, sobre unha pantalla led, que permitirá que na maioría dos casos se poidan exhibir a partir das oito e media da tarde, como continuación a unha probable xornada de praia ou outro tipo de ocio.

SINOPSE

Versión musical en animación stop motion do famoso conto de ‘Pinocho’, ambientada na Italia fascista, durante a década de 1930.

Guillermo del Toro e Mark Gustafson dirixen esta película, que na versión orixinal conta cunha repartición estelar de voces: Ewan McGregor (Pepito Grilo), David Bradley (Geppetto) e o debutante Gregory Mann (Pinocho). Tamén participan Finn Wolfhard, Cate Blanchett, John Turturro, Ron Perlman, Tim Blake Nelson, Burn Gorman, Christoph Waltz e Tacha Swinton.


‘FANTASIO NA RÚA’

Durante un mes e con catorce cintas, o ciclo ‘Fantasio na Rúa’ levará o cine a todos os cascos urbanos, pero tamén aos barrios e parroquias e sempre o a aire libre. A xira comeza na noite do martes 16 de xullo nos xardíns de Ravella e concluirá o mércores 14 de agosto, en plenas festas de San Roque, con ‘Pinocho’, de Guillermo del Toro, en Cea.

A programación do ciclo ‘Fantasio na Rúa’ é a seguinte:

  • ‘Barbie’ | 16 de xullo | 22.00h | Praza de Ravella
  • ‘O Mostro Mariño’ | 17 de xullo | 20:30h | Os Duráns
  • ‘¡Vaya Vacaciones!’ | 24 de xullo | 22:00h | As Pistas
  • ‘¡Salta!’ | 25 de xullo | 22:00h | Vilaxoán
  • ‘Amigos hasta la muerte’ | 26 de xullo | 22:00h | Trabanca Badiña
  • ‘¡Canta 2!’ | 27 de xullo | 22:00h | Praia de Bamio
  • ‘Honeymoon’ | 28 de xullo | 20:30h | Rubiáns
  • +Cuñados’ | 30 de xullo | 20:30h | Praia de A Covacha de Carril
  • ‘O ascenso das Tartarugas Ninja’ | 1 de agosto | 20:30h | O Sixto
  • ‘Dragones y Mazmorras: Honor entre ladrones’ | 5 de agosto | 22:00h | Parque da Coca
  • ‘A elefanta do mago’ | 6 de agosto | 20:30h | Sobradelo
  • ‘O dragón de papá’ | 11 de agosto | 20:30h | Cornazo
  • ‘As Neves’ | 12 de agosto | 22:00h | Parque da Xunqueira
  • ‘Pinocho de Guillermo del Toro’ | 14 de agosto | 22:00h | Cea

Hora

(Mércores) 22:00

Localización

Concello de Vilagarcía de Arousa

Está pasando!