‘Sorda’ | A Contracorriente Films

Proxección de 'Sorda' en Bueu

ven30xan21:00Proxección de 'Sorda' en BueuCineclub Bueu21:00 Concello de Bueu - Bueu

Detalles do Evento

O venres, 30 de xaneiro, o proxectará o filme ‘Sorda’ (Eva Libertad, España, 2025, VO Castelán), que coma sempre terá lugar ás 21:00 horas no Centro Social do Mar.

Protagonizada por Miriam Garlo, ‘Sorda’ ofrece unha mirada íntima e realista sobre a maternidade desde a perspectiva dunha muller xorda.

Unha proposta cinematográfica valente e necesaria, especialmente nun contexto onde a representación da discapacidade auditiva segue sendo escasa e, con frecuencia, estereotipada.

Ángela, unha muller xorda, vai ter un bebé con Héctor, a súa parella oínte. O embarazo fai aflorar os seus medos fronte a maternidade e sobre como poderá comunicarse coa súa filla.

A chegada da nena xera unha crise na parella e leva a Ángela a afrontar a crianza da súa filla nun mundo que non está feito para ela. Longametraxe baseada no curto de 2021 do mesmo nome.

O prezo da entrada é de 2 euros para socixs anuais e 4 euros para socios por sesión.

Co novo ano comeza a periodo de renovación dxs socixs que poderá facerse xunto á compra da entrada.

Hora

(Venres) 21:00

Localización

Concello de Bueu

Está pasando!