Proyección de 'Meigallos' no Museo de Pontevedra

xov04xan18:00Proyección de 'Meigallos' no Museo de PontevedraCiclo de cimena infantil feito en Galicia18:00 Edificio Castelao. Museo de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

programación de Nadal do Museo de Pontevedra inclúe este ano un ciclo de cine dirixido ao público infantil e familiar no que se proxectarán algunhas das longametraxes de animación máis destacadas da historia e da actualidade do cinema feito en Galicia.

O xoves 4 de xaneiro ás 18:00 horas, no Edificio Castelao, proxectarase ‘Meigallos’, unha cinta dirixida en 2015 por Virginia Curiá.

Este filme de animación conta a historia da pequena Malva, fan de calquera dispositivo tecnolóxico, vai vivir unha aventura con misión de rescate incluída chea de acción, suspense e diversión. Despois do misterioso secuestro da súa avoa, coa que vive e a cal se dedica a axudar á xente cos seus coñecementos sobre as plantas medicinais, ponse en marcha para unha viaxe por lugares descoñecidos e perigosos, onde terá que enfrontarse a algúns antagonistas que, coa súa falta de escrúpulos, tratarán de roubar a fórmula tradicional da súa avoa para comercializala na súa fábrica de cosméticos.

Finalmente, o ciclo pecharase o venres 5 de xaneiro con ‘Valentina’, unha película dirixida por Chelo Loureiro sobre os soños dunha nena con síndrome de Down e da súa avoa, que en 2021 obtivo o Goya a mellor filme de animación.

A entrada debe reservarse previamente en [email protected] e só se permitirá un máximo de catro prazas por reserva.


Hora

(Xoves) 18:00

Localización

Edificio Castelao. Museo de Pontevedra

Rúa Padre Amoedo Carballo, 3. 36002 Pontevedra

Está pasando!