‘Quem é ela?’, do grupo Ladrem en Pontevedra

lun05mai20:30‘Quem é ela?’, do grupo Ladrem en PontevedraXVI Miteu de Pontevedra20:30 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A programación da XVI Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), arrancará o luns 5 de maio con ‘Quem é ela?’, un espectáculo do grupo Ladrem, da Universidade do Minho. 

Con dramaturxia de Pedro Galiza, trátase dunha obra dirixida por Ana Marques, que é tamén unha das seis actrices e actores que recrean “a historia dunha Ela, que non ten nome, non ten corpo, pero que está presente nestas seis voces, nestes seis corpos”, segundo recolle o texto de presentación deste espectáculo.

XVI Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu)

Promovida pola Vicerreitoría do campus, coa colaboración do Concello de Pontevedra, trátase dunha mostra con entrada gratuíta que o Teatro Principal de Pontevedra acollerá entre o 5 e 16 de maio.

Con cinco espectáculos programados para as 20.30 horas, esta mostra insírese nas iniciativas impulsadas ao abeiro do convenio para o fomento de actividades culturais e creativas que Universidade e Concello de Pontevedra asinaban o pasado ano.

Ademais, co obxectivo de servir como un espazo no que proxectar a programación cultural de carácter permanente que a UVigo desenvolve en Pontevedra, a Miteu contará coa participación do Coro Polifónico do Campus, que ofrecerá un pequeno concerto antes dun destes espectáculos.



Cinco citas co teatro nas dúas próximas semanas

A programación arrancará o luns 5 con ‘Quem é ela?’, un espectáculo do grupo Ladrem, da Universidade do Minho. Con dramaturxia de Pedro Galiza, trátase dunha obra dirixida por Ana Marques, que é tamén unha das seis actrices e actores que recrean “a historia dunha Ela, que non ten nome, non ten corpo, pero que está presente nestas seis voces, nestes seis corpos”, segundo recolle o texto de presentación deste espectáculo.

Dous días despois, o mércores 7 poderá verse ‘Luchadoras’, de Carla Novi. Escrita e dirixida por esta artista mexicana, trátase dun “drama social sobre a situación das mulleres na sociedade mexicana e a violencia á que se enfrontan no seu día a día”, que presenta a historia dunha loitadora, que “durante anos non puido avanzar na súa profesión ao non cumprir coas regras sexualizadas da loita feminina”.

venres 9 chegará a quenda de ‘Ludovico 2.5’, do grupo Maricastaña, do campus de Ourense. Con dramaturxia e dirección de Fernando Dacosta, trátase dunha obra inspirada libremente na novela ‘A laranxa mecánica’ de Anthony Burguess, que se presenta como “unha sátira social e unha proposta ao redor da violencia”.

Xa á semana seguinte, o mércores 14 poderá verse ‘Saxo tenor’, a montaxe que o grupo de teatro do campus de Pontevedra realizou dunha obra que Roberto Vidal Bolaño estreara coa súa compañía na década de 1990. Baixo a dirección de Jesús Salvador del Río e Omar Ferrín, un elenco integrado por 14 persoas levará o escenario unha obra ten como punto de partida a morte violenta dun mozo, da que dous anos despois búscase coñecer a verdade.

Por último, o venres 16, a Miteu botará o pano desta edición coa montaxe que a aula do campus de Vigo realizou de ‘Divinas palabras’, de Ramón María del Valle-Inclán. Baixo a dirección de Casilda Alfaro e Sonia Rúa, unha ducia de actrices e actores dan vida a este “drama protagonizado por seres marxinais”, como recolle o seu texto de presentación.

Hora

(Luns) 20:30

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!