'Quixote', de Pedras de Cartón en Vigo

sáb31dec18:00'Quixote', de Pedras de Cartón en VigoVIII Festival Pequeártiko de Nadal18:00 Sala Ártika - Vigo

Detalles do Evento

Dentro da programación do VIII Festival Pequeártiko de Nadal, a compañía Pedras de Cartón presenta ‘Quixote’, unha comedia inspirada na obra de Miguel de Cervantes, dirixida por Laura Sarasola e protagonizada por Juan Rodríguez e Pablo Sánchez. 

‘Quixote’ é un xogo cómico inspirado na coñecida obra de Cervantes. Un espectáculo para achegar os clásicos a toda a familia con humor e case sen palabras, no que Don Quixote viaxa polas terras de Castela co seu velocípedo, acompañado do fiel Sancho e un triciclo cargado de maletas.

O segundo espectáculo da compañía Pedras de Cartón traballa, de esta volta, cunha estética achegada ás películas de pallasos de Fellini.


Data:

  • Venres 30 de decembro ás 18:00 horas

Prezo: 

  • En taquilla: 10 euros
  • Entradas anticipadas: 8 euros + gastos de xestión en artikavigo.com (dispoñible ata 24 horas antes da primeira función)

Idade recomendada:

  • + 3 anos

Duración:

  • 50 minutos

Hora

(Sábado) 18:00

Localización

Sala Ártika

Avda. de Beiramar, 113 36208 Vigo

Está pasando!