Sesión DJ con A Duendeneta en Vilagarcía

mér14ago23:30Sesión DJ con A Duendeneta en VilagarcíaFestas de San Roque 202423:30 Alameda Castelao - Redondela

Detalles do Evento

A Duendeneta retorna ao seu lugar fetiche, a aquel onde naceu e onde deu a súa primeira sesión en 2012. E faino con ánimos renovados e coa música de sempre.

Carlos Crespo e Kris K Dj propóñennos unha viaxe sonora polas músicas de baile de onte, de hoxe e de sempre, intentando esquivar os sons máis comerciais e cunha especial atención ás producións que se están a facer en Galicia e á música en feminino.



As Festas de San Roque deste ano, nas que poderás gozar de 60 espectáculos nos 12 días das festas declaradas de Interese Turístico Nacional, serán do 14 ao 25 de agosto. 

As rúas encheránse de música cos concertos de Guadi Galego, Café Quijano, Antonio Carmona, Anni B. Sweet, sesións de Dj, Tributo a Queen, ópera, verbenas e pasarrúas, música da casa da man da Banda de Música, Longa, Somoza Trío, A Duendeneta, The Eskarallas, os Amigos do Acordeón; de circo e malabares do Festaclown; mollarémonos na Festa da Auga; desfrutaremos do Combate Naval e as carrozas…

Ademais, a Festa da Ameixa, a Noite Meiga, o Folk no Alobre, Ameixa Rock, as Revenidas, deporte, e moitas actividades para maiores e rapazada completan a programación do verán en Vilagarcía.

A partir do xoves 8 de agosto, podes recoller o programa impreso das Festas de San Roque no Auditorio, na casa consistorial, na biblioteca e na oficina de Turismo, para que podas planificar as súas festas e non perder unha, ou, se o prefires, tamén podes descargalo aquí.

Hora

(Mércores) 23:30

Localización

Alameda Castelao

Alameda Castelao, 36800 Redondela

Está pasando!