'Amadeo(s)' de Teatro Art'Imagem en Vigo

sáb08feb20:00'Amadeo(s)' de Teatro Art'Imagem en VigoFestival Internacional de Teatro de Ártika Vigo (FITAVI)20:00 Sala Ártika - Vigo

Detalles do Evento

O sábado 8 de febreiro, ás 20:00 horas, Teatro Art’Imagem (Portugal) porá en escena a obra ‘Amadeo(s)’, dentro da programación do Festival Internacional de Teatro de Ártika Vigo (FITAVI).

Este proxecto pretende crear un espectáculo teatral a partir da obra do artista plástico amarante Amadeo de Souza-Cardoso que explora de forma performativa o seu universo pictórico, nun momento no que a arte rompeu co pasado, as experiencias e os lugares polos que tamén pasou.

Como personaxes, artistas e amigos cos que se cruzou e co tempo e o contexto histórico, social e cultural no que viviu.



O teatro de actores, de imaxe e movemento, físico e visual, reunirá varias disciplinas contemporáneas das artes escénicas, onde os actores descobren, xogan e subverten o universo plástico de Amadeo e da pintura, en formas e obxectos animados, transformándoos en personaxes que contar e compartir historias co público, prescindindo da linguaxe humana tal e como a coñecemos, das palabras faladas en varias linguas, trocándoas por exclamacións, interxeccións, onomatopeas, xogos vocálicos e tamén consoantes, berros, risas e choros mesturados con voces animais, nun refinado traballo de vocalidade, técnicas de mímica e pantomima, clown, xestos nos que o corpo e os obxectos se mesturan nunha posible interpretación lectora de arte máis ou menos “abstracto” ou “conceptual” da obra principal de Amadeo, transformándoas en material teatral para compartir directamente cos espectadores.

Entrada anticipadas á venda a 13 euros (+gastos de xestión) en artikavigo.com, dispoñibles ata 24 horas antes da primeira función e en taquilla a 16 euros (entrada xeral).

Hora

(Sábado) 20:00

Localización

Sala Ártika

Avda. de Beiramar, 113 36208 Vigo

Está pasando!