‘Unha noite na eira do trigo’ en Portas

dom08xuñ20:30‘Unha noite na eira do trigo’ en PortasPrograma +Música da Deputación de Pontevedra20:30 Azucreira de Portas - Caldas de Reis

Detalles do Evento

A Deputación de Pontevedra leva este domingo 8 de xuño a Portas o musical ‘Unha noite na eira do trigo’, do grupo Ilusiónate, enmarcado na nova edición de +Música, o programa provincial que colabora cos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para apoiar a súa programación cultural e, con isto, difundir e fomentar a lingua e a cultura galegas.

‘Unha noite na eira do trigo’ é un musical baseada nun poema de Curros Enríquez e que fía a partitura musical do grupo Los Tamara. O musical, promovido por Ilusiónate Producións, narra a historia de amor entre dous mozos durante as décadas dos anos 20 e 30 do pasado século.

O elenco está formado, entre outros, por intérpretes como Manuel Manquiña, Pili Pampín, Dani Dopazo e Pepo Suevos.

A actuación é unha das 78 actuacións de +Música que se celebrarán entre os meses de maio e decembro nos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia. Este programa provincial ten un orzamento de 700.000 euros, 100.000 euros máis que na pasada edición, cos que a Deputación aboa os custos de caché dos espectáculos e impulsa a reputación de Pontevedra como un destino cultural de primeiro nivel.

A través de +Música, a institución provincial aposta pola descentralización da cultura e a programación de actos culturais de calidade.

Hora

(Domingo) 20:30

Localización

Azucreira de Portas

Rúa Estacion, 34, 36658 Caldas de Reis

Está pasando!