Universo de contos: 'Coidado do planeta' en Bueu

mér07ago12:00Universo de contos: 'Coidado do planeta' en BueuContacontos na Libraría Abrente12:00 Banda do Río Bueu - Bueu

Detalles do Evento

O mércores 7 de agosto desenvolverase unha nova sesión de ‘Universo de contos’, organizado pola Libraría Abrente coa colaboración do Concello de Bueu.

A partir das 12 horas, na explanada da Banda do Río, os máis pequenos e pequenas poderán escoitar os contos ‘A ra de tres ollos’, ‘Xela superheroína da aldea’, ‘El último árbol’ e ‘¿Qué le pasa al planeta?’.



O programa ‘Universo de contos’ está deseñado especialmente para o público infantil, co obxectivo de fomentar a paixón pola lectura desde unha idade temperá. A través da lectura en voz alta e a exploración de temas relevantes, búscase entreter aos nenos e nenas e inspiralos, facer voar a súa imaxinación e axudalos a comprender a importancia das relacións sociais respectuosas e coidado do medio ambiente.

Durante catro sesións temáticas, a cativada descubrirá os tesouros da literatura que celebran valores como a amizade, as emocionantes aventuras, a inmensidade do mar e a importancia do coidado do noso planeta.

Hora

(Mércores) 12:00

Localización

Banda do Río Bueu

Está pasando!