Xoguete da exposición ‘É tempo de xogar’ | © Museo de Pontevedra

Visitas guiadas 'É tempo de xogar' en Pontevedra

mér25dec18:00Visitas guiadas 'É tempo de xogar' en PontevedraColección de Juan Manuel Alfaya Ocampo18:00 Edificio Sarmiento. Museo de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

‘É tempo de xogar’ é unha pequena escolma dos preto de 700 xoguetes antigos que forman a colección de Juan Manuel Alfaya Ocampo, visitable ata o 9 de febreiro no Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra.

Os xoguetes que forman esta exposición foron creados entre as décadas de 1890 e 1960 e pertencen a marcas españolas tan destacadas coma Rico, Payá, Sanchís, Teixidó, Picó, Casanellas, Seix Barral, Sagarra, Mariquita Pérez e Jecsan. Tamén doutros países, como Gunthermann, Lehmann, Fernand Martin, Arnold, Hess, Tecnos, Strauss, Distler, Bühler, Rossignol, Goso, Marx, Bonnet, Vebe, Lego, Joustra ou Matarazzo.

Aquí atopamos principalmente xoguetes de lata, pero tamén doutros materiais coma chumbo, cartón, madeira ou plástico. Destacan os autómatas, moitos deles centenarios, que reproducen con gran realismo sorprendentes movementos. Tamén os teatros, de marcas como Schreiber, Paluzie e Pellerin-D’Espinal. En definitiva, amósanse xoguetes para todos os gustos, habilidades e temperamentos.



Esta mostra quere ser, desde o propio título, unha invitación a xogar dirixida ás nenas e nenos, pero tamén ás persoas adultas. É unha viaxe no tempo para descubrir os obxectos cos que se divertían xeracións anteriores; as e os cativos sorprenderanse coas cores, os materiais e o enxeño destes trebellos, e as persoas maiores recoñecerán xoguetes da súa infancia cos que quizais non puideron xogar no seu día. Esta é a súa oportunidade de volver vivilos.

HORARIO DA EXPOSICIÓN

  • De martes a sábados: de 10:00 a 21:00 horas.
  • Domingos e festivos: de 11:00 a 14:00 horas.
  • Pechado os luns e os días 1 e 6 de xaneiro e 24, 25 e 31 de decembro.

VISITAS GUIADAS Á EXPOSICIÓN

Visitas guiadas á exposición do xoguete antigo a cargo do coleccionista e comisario, Juan Manuel Alfaya Ocampo, do 4 de decembro ao 7 de febreiro, mércores e venres ás 18:00 horas. Non é necesaria reserva previa.

Para visitas guiadas fóra dese horario (asociacións e grupos a partir de 10 persoas), é necesario contactar previamente co departamento de Educación do Museo no teléfono 986 80 41 00 ext. 42416/42413 e en educacion.museo@depo.gal

Hora

(Mércores) 18:00

Localización

Edificio Sarmiento. Museo de Pontevedra

Rúa Padre Amoedo Carballo, 3, 36002 Pontevedra

Está pasando!