'La colección' de Juan Mayorga en Vigo

xov23xan20:30'La colección' de Juan Mayorga en VigoTempada de Abonos de Teatro Afundación20:30 Teatro Afundación - Vigo

Detalles do Evento

Dentro da Tempada de Abonos de Teatro Afundación, o xoves 23 de xaneiro, ás 20:30 horas, o Teatro Afundación de Vigo acolle a obra ‘La colección’ de Juan Mayorga.

110 min | castelán | NRM 14

DIRECCIÓN: Juan Mayorga
ELENCO: José Sacristán; Ana Marzoa; Zaira Montes; Ignacio Jiménez
PRODUCIÓN: Lazona Teatro, Teatro La Abadía

«Unha complexa reflexión sobre o paso pola vida de calquera ser humano, as súas pegadas e o concepto de herdanza»

Héctor e Berna son un matrimonio sen descendencia. Ao longo da súa vida foron reunindo unha colección que os levou a sacrificar todo o demais. Agora, anciáns, queren asegurar que a colección sobreviva e transcenda alén deles, así que buscan unha sorte de herdeiro…

‘La colección’ é unha obra sobre o matrimonio, sobre o paso do tempo e sobre a misteriosa relación entre as persoas e os obxectos. Se algún día, dentro dun millón de anos, un ser capaz de pensar e de sentir atopa a colección, saberá que é a humanidade e que podería ter sido. Porque a colección anega todo, todo se ve desde a colección, tamén ao resto da xente e a ti mesmo. Contén todo, o que es e o que non es.



RENOVACIÓN DE ABONOS

Se te abonaches á última tempada, agora podes renovar o teu abono e reservar as mesmas butacas, de xeito online ou fisicamente:

  • Online, a través da ligazón que recibirás no teu correo-e, do 9 ao 15 de decembro.
  • Ou na billeteira do Teatro Afundación Vigo (Rúa Marqués de Valladares, s/n) ou na Sede Afundación Pontevedra (Augusto González Besada, 2), o día 16 de decembro, en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00 h.

VENDA XERAL DE ABONOS

Online en www.ataquilla.com do 17 de decembro ao 6 de xaneiro 2025 para Vigo ou ao 17 de xaneiro 2025 para Pontevedra.

VENDA DE ENTRADAS SEN ABONO

Online en www.ataquilla.com ou fisicamente na Sede Afundación Vigo (Policarpo Sanz, 26), a partir do 7 de xaneiro 2025 para Vigo, e tamén online ou na Sede Afundación Pontevedra a partir do 20 de xaneiro 2025 para Pontevedra.

CULTURA POR ALIMENTOS

Esta tempada enmárcase en Cultura por alimentos, un programa en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, co obxectivo de contribuír a través de doazóns a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia.

Desde Afundación, Obra Social ABANCA, convídannos a todas as persoas que asistades ás funcións a colaborardes con esta campaña solidaria, dando produtos non perecedoiros que se poderán depositar á entrada do teatro.

Máis información AQUÍ.

Hora

(Xoves) 20:30

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!