Praza do Concello de Salvaterra | © Concello de Salvaterra de Miño

This is a repeating event

Vive o Nadal 2024 en Salvaterra de Miño

mér25decConsultarVive o Nadal 2024 en Salvaterra de MiñoDo 8 de decembro de 2024 ao 5 de xaneiro de 2025(Consultar: mércores) Concello de Salvaterra de Miño - Salvaterra de Miño

Detalles do Evento

O mes de decembro é un mes especial para as familias e por iso dende o Concello de Salvaterra de Miño elaborase un ano máis un programa con actividades e iniciativas culturais que terá lugar durante as vindeiras semanas.

programación de Nadal inclúe datas importantes como a visita de Papá Noel, o Apalpador ou os Reis Magos pero tamén actividades moi aclamadas como a tradicional San Silvestre que este ano parte dende Monção ou o Mercado de Nadal que repite despois de celebrarse o pasado ano a primeira edición.

Precisamente o mercado, que terá lugar os días 20, 21 e 22 decembro, coincide coa inauguración da decoración da Praza do Concello na que participan os centros educativos e o módulo de Carpintaría do IES Salvaterra de Miño e que é un dos puntos diferenciadores e únicos da decoración de Nadal. Estas figuras e creacións en madeira que fan os alumnos e alumnas tamén se poderán ver noutros puntos do casco urbano.

Co fin de servir de guía para veciños, veciñas e visitantes elaborase esta programación onde non faltan as actuacións de Nadal das asociacións culturais e deportivas do noso municipio sen esquecer actividades infantís como o obradoiro de adornos da Biblioteca, o contacontos “O Censor de Monstros” ou as obras “Ollo Piollo” e “Running”; ademais de cine, concertos, festivais, teatro e outras actividades.


Hora

Consultar (Mércores)

Localización

Concello de Salvaterra de Miño

Está pasando!