XI San Silvestre Solidaria de Salceda de Caselas

ven29dec21:00XI San Silvestre Solidaria de Salceda de CaselasSaída dende a praza do concello21:00 Concello de Salceda de Caselas - Salceda de Caselas

Detalles do Evento

O venres día 29 de decembro, con saída ás 21:30 horas dende a Praza do Concello de Salceda de Caselas, celebrarase a XI edición da San Silvestre Solidaria que organiza o Concello e as EDM Salceda.

O prazo de inscrición remata o xoves día 28 de decembro ás 00:00 horas. Os participantes deberán facer entrega de 1 cartón de leite o día da carreira, para o programa de alimentos.

Recordade que debedes realizar a inscrición oficial para poder participar baixo a cobertura da póliza de accidentes deportivos contratada para esta proba.

As persoas que desexen participar sen estar inscritas en tempo e forma o poderán facer baixo a súa responsabilidade, non estando amparados en ningún momento pola cobertura da mesma.


Hora

(Venres) 21:00

Localización

Concello de Salceda de Caselas

Está pasando!