This is a repeating event

XVIII Festa da Sementeira e Música en Salvaterra

sáb09maiConsultarXVIII Festa da Sementeira e Música en SalvaterraAsociación Cultural Quinta do Piñeiro(Consultar: sábado) Concello de Salvaterra de Miño - Salvaterra de Miño

Detalles do Evento

Asociación Cultural Quinta do Piñeiro organiza a décimo oitava edición da Festa da Sementeira e Música, que se levará a cabo os días 8, 9 e 10 de maio na área recreativa Muíño da Ponte, en Conzáns (Salvaterra de Miño).

O festival voltará a contar con tres días de duración, comezando o venres pola mañá con xornadas específicas para o CRA A Lagoa, ACCESCA e ADAPTA. Pola noite terán lugar os concertos dos grupos BareixaStorrentos e a música do DJ Sapoconcho Sem Poncho.

Aquelas persoas que o sábado se acheguen ata a área recreativa Muiño da Ponte, poderán disfrutar da concentración de tractores clásicos, observar os diferentes postos de artesanía, degustar comida; que os nenos asistan a obradoiros infantís e o espectáculo de Duende Circo; así como gozar dos concertos de Meizoi, Os Varuncas, Kortalumes, SÉS, Orquestra Bravú Xangai, o Caimán do Río Tea ou dos DJs de La Duendeneta.

Xa no domingo, todos os asistentes volverán a revivir as costumes de antaño coa labrada con bois, disfrutarán das olimpiadas agrícolas e seguirán gozando de concertos como os de Sons da Raia, Naiama, Os Carunchos, Hijos de Puchini, os Festicultores Troupe ou Sons das Tabernas.

Entre os pregoeiros de este ano, que veñen a través da Cofradía do Txuletón, atopanse: Sergio Pazos, Fernando Romay, J. Abril, Concha Crespo, Aarón Guerrero, Iñaki Cano, Miguel Ortiz, Manu Baqueiro, e como estrela convidada, Poty.

A organización segue traballando a prol da inclusión e que por segundo ano consecutivo contarán cunha intérprete en lingua de signos.

Hora

Consultar (Sábado)

Localización

Concello de Salvaterra de Miño

Está pasando!