A danza contemporánea regresa ao Auditorio de Vilgarcía coa produción do CCG ‘Transeúnte’

15 Abril 2026

O Centro Coreográfico Galego presenta o sábado 18 de abril en Vilagarcía ‘Transeúnte’, unha interesante creación de Daniel Rodríguez na que a danza contemporánea se fusiona co canto e o baile tradicionais para dar forma a un espectáculo de gran plasticidade visual e dunha intensa emoción musical.

‘Transeúnte’ convida a mergullarse nunha experiencia multisensorial onde corpo, música e tecnoloxía se entrelazan para construír un contexto único, cunha visión xuvenil, fresca e actual da simbiose entre tradición e contemporaneidade. No marco do mungo globalizado no que vivimos, o espectáculo celebra a diversidade cultural, resalta a nosa conexión como seres humanos e invítanos a unha viaxe que honra o pasado, vive o presente e busca e abraza o futuro.

Catro bailaríns sobre o escenario (Javier de la Asunción, Laura García, Andrea Pérez e Daniel Rodríguez), a música en directo de Artur Puga e a voz da Tanxugueira Aída Tarrío conxúganse para crear una experiencia inigualable.

O autor e director do espectáculo, o bailarín e coreógrafo Daniel Rodríguez, é o responsable dos números debaile de grupos galegos como Tanxugueiras, Mondra ou Fillas de Casandra. Entre os recoñecementos a súa traxectoria atópanse o1º Premio Sólodos en Danza Ourense 2022, o Premio do Certame Coreográfico Compostela 2022 e a Escaleira de Prata a mellor espectáculo no Festival ARCA 2023.

A actuación será no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa a partir das 20:00 horas.

Os billetes están á venda en Ataquilla.com ao prezo de 5 euros (máis gastos de xestión na compra anticipada). De non esgotarse antes, poderán adquirirse o día da función no Auditorio a partir das 18:00 horas. Persoas maiores, desempregadas e titulares do carné Xove poden acceder á entrada bonificada a 3 euros.

‘Transeúnte’ | Lorenzo Negueruela

MES DA DANZA

A Concellería de Cultura programa este espectáculo a través do convenio coa Agadic, e faino no mes de abril coa intención de celebrar o Día Internacional da Danza, que se conmemora o 29.

No marco desta efeméride, o sábado 25 está previsto o espectáculo ‘A noite do cuco’, do polo bailarín de Vilagarcía Alejandro Rodríguez. Será a partir das 20:30 horas no Salón García con entrada de balde ata completar aforo.

Está pasando!