Pedras de Cartón presenta 'Carapuchiña' no Grove

xov23abr11:30Pedras de Cartón presenta 'Carapuchiña' no GroveIntrodución ao teatro para escolares11:30 Auditorio Municipal do Grove - O Grove

Detalles do Evento

O xoves 23 de abril, a partir das 11.30 horas, representarase no Auditorio do Grove a obra ‘Carapuchiña’, dirixida ao alumnado de Educación Infantil e Primaria dos centros educativos e que ten como obxectivo o achegamento do teatro e o Auditorio á rapazada da vila.

Pedras de Cartón presenta ‘Carapuchiña’, o quinto espectáculo da compañía, no que traballa cun dos clásicos máis populares da literatura infantil. ‘Carapuchiña’ é un conto de transmisión oral, adaptado posteriormente por Charles Perrault e máis tarde polos irmáns Grimm.

Pedras de cartón toma como punto de partida o clásico para xogar cos contos populares, nunha comedia de teatro de obxectos protagonizada por Juan Rodríguez e Leonardo Casado. Un espectáculo que xoga coas diferentes versións da historia, cunha linguaxe sinxela, para o público infantil e ambientada no mundo da panadaría tradicional.

Grazas á colaboración do Concello cos centros educativos de ensinanza do Grove, achegarase ao Auditorio o alumnado de Educación Infantil e Primaria para asistir á representación desta peza teatral.

Hora

(Xoves) 11:30

Localización

Auditorio Municipal do Grove

Pasaxe Monte da Vila, 15, 36989 O Grove

Está pasando!