This is a repeating event

XXXI Festa da Ostra de Noalla

dom11agoConsultarXXXI Festa da Ostra de NoallaDo 9 ao 11 de agosto de 2024(Consultar: domingo) Campo de Fútbol Municipal de Noalla - Sanxenxo

Detalles do Evento

Noalla prepárase para a exaltación do seu bivalvo rei desde o venres 9 ao domingo 11 de agosto nas inmediacións do campo de fútbol e coa praia da Lanzada como pano de fondo. A festa, que este ano chega xa á súa trixésima primeira edición, está organizada pola Comisión de Festas Virxe do Carme de Noalla e na que colabora o Concello de Sanxenxo.


Presentación da XXXI Festa da Ostra de Noalla | © Concello de Sanxenxo

Os concelleiros de Educación, Nati Parada, e o de Turismo e Praias, Juan Deza, asistiron á presentación da cita na Casa Forestal As Canteiras de Noalla xunto ao presidente da comisión de festas, Roberto Garrido e varios membros do colectivo. “Galicia sabe a mar e Noalla sabe a ostra. Convido a todos vos veciños e visitantes a gozar na cita que ano tras ano conta cun gran éxito de participación”, asegurou Nati Parada. Pola súa banda, Juan Deza, agradeceu o traballo realizado pola organización que “fai que ano tras ano veña máis xente ao noso municipio”.

A carpa de degustación abrirá a partir das 11 horas da mañá con distintos produtos, desde ostras a mexillóns, sardiñas, churrasco, empanada… Todos a prezos populares. Este ano a adega que servirá a festa será Aquitania. O presidente da Comisión de Festas Virxe do Carme de Noalla explicou que “este ano ante as previsións do ano pasado encargaremos 25.000 unidades de ostras para non quedarnos escasos e todos os cartos recadados irán para as festas do Carme”.

Varios grupos porán a nota musical durante os días que dure a celebración.

Hora

Consultar (Domingo)

Localización

Campo de Fútbol Municipal de Noalla

Carretera A Lanzada, 146, 147, Noalla, 36990 Sanxenxo

Está pasando!