
King África inundará de festa un Entroido pontevedrés que rende homenaxe a Castelao e que conta con ‘Os das Pistas’ como pregoeiros
6 Febreiro 2026
O edil de Festas, Demetrio Gómez, desvelou hoxe o cartaz creado polo alumnado de ‘O Garaxe Hermético’ e repasando polo miúdo unha programación que se inicia o vindeiro venres, 13 de febreiro, e que contará con música, animación, tradición, cultura e moita diversión
O Concello de Pontevedra presentou esta mañá o programa e a imaxe do Entroido deste ano, unha celebración que o concelleiro de Festas, Demetrio Gómez, non dubidou en cualificar como “o mellor entroido urbano de Galiza”. O edil destacou a calidade excepcional do material gráfico deste ano, asegurando que a cidade conta cun dos “mellores cartaces de toda a historia”.
O deseño do nomeado cartaz e do programa físico é froito da colaboración entre ERA Comunicación e o alumnado da escola O Garaxe Hermético, un proxecto “profesionalizante” que permite aos estudantes traballar nunha contorna real. Jose Iglesias, autor da ilustración do cartaz, explicou que a obra conmemora o 75 aniversario do pasamento de Castelao, figura moi vencellada a Pontevedra e que chegou a debuxar ao loro Ravachol. A imaxe reinterpreta unha foto clásica de Castelao pintando as máscaras de ‘Os vellos non deben de namorarse’ para mostralo agora pintando a máscara de Ravachol e outros elementos do Entroido.
Tanto o concelleiro como os estudantes fixeron fincapé na importancia de apostar polo “traballo creativo feito por humanos” fronte ás intelixencias artificiais xenerativas. Ademais do cartaz, o programa inclúe no seu interior unha revisión de viñetas de Castelao adaptadas, introducindo nelas a figura do famoso papagaio pontevedres mais mantendo o sentido do humor orixinal do autor.
O pregón deste ano, que terá lugar o venres 13 ás 21:00 horas na praza da Ferraría, correrá a cargo da agrupación ‘Os das Pistas’. Este grupo, que leva 30 anos participando ininterrompidamente no Entroido pontevedrés, naceu das montaxes realizadas na esplanada das autoescolas. Os seus membros prometeron un pregón “cañeiro” e divertido, que incluirá “crítica local”, unha premisa solicitada expresamente polo propio concelleiro.
A festa comezará o venres 13 coa recepción ao Rei Urco e o mencionado pregón, dando paso a unha intensa semana de actividades, entre as que destacan as seguintes:
Sábado 14: Desfile a partir das 17:00 horas e entrega de premios ás 20:00.
Luns 16: Presentación de Ravachol e inicio da 34ª edición do XXXIV concurso de Murgas.
Martes 17 (Festa Pirata): Pasarrúas pola mañá, festa infantil pola tarde e o desembarco pirata pola noite, culminando cun concerto do artista ‘King África’ ás 21:00 na Ferraría.
Mércores 18 e xoves 19: Corrida da Rosca en Campañó e final do concurso de Murgas.
Venres 20: XXIX Mostra da Parodia.
Sábado 21: Sesión vermú coas murgas e o Enterro de Ravachol pola tarde-noite.
O Entroido pecharase coas xornadas organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega durante a fin de semana. O programa completo estará dispoñible en pontevedra.gal e en formato físico para o seu reparto.

O programa do Entroido de Pontevedra 2026, que tamen se pode consultar en pontevedra.gal, é o seguinte:
Venres, 13 de febreiro
21.00h. Praza da Ferraría. Recepción do Alcalde a Urco, rei do Entroido, quen chegará a Pontevedra acompañado do seu séquito e das comparsas Os Retrincos, Os Miúdos, Amigos dos Rapaces e Flores del Carnaval. Lectura do Pregón a cargo do Grupo Os das Pistas.
21.30h. Pasarrúas das comparsas Os 100Tolos, Os Solfamidas, As Sonecas, Os da Caña, Os Canecos e Alegría de Bora.
Sábado, 14 de febreiro
16.00h. José Malvar. Concentración dos participantes no desfile para realizar a inscrición e recollida do número de participación.
17.00h. Desfile do Entroido. Saída dende a rúa de José Malvar; percorrerá as rúas de Loureiro Crespo, Benito Corbal, Peregrina, Michelena, praza de España e rúa da Alameda.
20.00 h. Praza da Ferraría. Celebración da Festa do Entroido durante a que se fará entrega dos premios do concurso de disfraces en cada unha das modalidades.
Luns, 16 de febreiro
17.00h. Praza de Curros Enríquez. Obradoiro infantil: maquillaxe.
19.30h. Praza da Peregrina. Presentación do Loro Ravachol. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo. Actuación: Os da Terra.
21.00h. Pazo da Cultura. Primeira eliminatoria do XXXIV Concurso de Murgas.
Martes, 17 de febreiro
12.30h. Pasarrúas dos Corsarios do Lérez.
17.00h. Praza da Ferraría. Festa Pirata Infantil e Animación Infantil. Os Bolechas. ‘A Muller Orquestra’.
18.00h. Pasarrúas dos Corsarios do Lérez e Os Piratas Gaiteiros.
Noite Pirata. Amosa o teu lado pirata! Únete ao Pirata da Moureira! Asociación Combrus, Troula e Vamos a Todo.
20.00h. Saída de Curros Enríquez, Praza da Ferraría e Benito Corbal.
21.00h. Desembarco e Batalla da tripulación do Burla Negra na Praza de España.
21.30h. Baile Pirata: Concerto de King África na Praza da España.
23.00h. Pasarrúas pirata: Os da Caña, Solfamidas, Las Flores del Carnaval, Os Miúdos, As Sonecas, Os Canecos, Os 100Tolos, Os Retrincos, Os Amigos dos Rapaces e Alegría de Bora.
Mércores, 18 de febreiro
17.00h. Praza da Peregrina. Obradoiro: As máscaras de Ravachol.
18.00h. Casa da cultura de Campañó. Recuperación do Entroido tradicional de Campañó. A Corrida da Rosca.
19.00h. Recreación da Botica de Don Perfecto Feijoo. Ambientación a cargo da Aula de Teatro Municipal con escenas da obra ‘Os vellos non deben de namorarse’ e persoeiros relevantes da época na cidade. Actuación de Polavila.
21.00h. Pazo da Cultura. Segunda eliminatoria do XXXIV Concurso de Murgas.
Xoves, 19 de febreiro
21.00h. Pazo da Cultura. Final do XXXIV Concurso de Murgas.
Venres, 20 de febreiro
17.00h. Rúa da Serra. Obradoiro infantil: creación dunha corneta.
21.30h. Prazas e rúas da cidade. XXIX Mostra do Parodia do Entroido.
00.00h. Praza da Ferraría. Entrega de premios da XXIX Mostra da Parodia do Entroido
Sábado, 21 de febreiro
12.00h. Praza da Peregrina. Recreación da Botica de Don Perfecto Feijoo. Actuación de Boavila e Os Alegres.
12.30 h. Praza da Verdura, escaleiras praza de Ourense. Sesión Vermú. Murga Os do Val do Lérez, Murga Equipo Ja e Murga do Naveiro.
18.00 h. Praza da Verdura. Comezo do velorio de Ravachol na sala mortuoria. Prégase a asistencia de loito rigoroso.
19.30h. Pasarrúas: A Santa Compaña Leva a Ravachol.
21.00h. Saída do Cortexo Fúnebre, dende a praza da Verdura acompañado do seu séquito e das comparsas Os Canecos, As Sonecas, Os da Caña e Alegría de Bora. Vamos a Todo e Os Alegres, percorrendo as rúas de San Román, Ferraría, paseo de Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Princesa, Sabela II, Rúa Real, Sarmiento, Pasantaría e praza da Ferraría.
Velorio Infausto. Praza da Ferraría. Cabodano das honras fúnebres do fenecido Ravachol. Procederase á incineración do finado. Na súa honra terá lugar unha sentida coroa fúnebre, cun espectáculo necrolóxico.
Programa:
- Introito coa lectura dunha elexía para o finado
- Celme, danza da morte
- Saeta Val do Lérez
- Incineración do loro Ravachol
22.00 h. Pasarrúas das comparsas Os Miúdos, Os Retrincos, Os Amigos dos Rapaces, Las Flores del Carnaval, Os 100Tolos e Os Solfamidas.
XIV XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA
Sala multiusos do Teatro Principal.
Venres 20 de febreiro
18.00h. Apertura das xornadas.
18.10h. Presentación do traballo fotográfico ‘Microcosmos’. A cargo de Roberto de la Torre (Fotógrafo).
18.30h. Conferencia ‘O Entroido de Mugares’. A cargo de Roberto Álvarez (Presidente da Asociación cultural Entroido de Mugares).
19.30h. Proxección do documental ‘O regreso da Momada’. A cargo de Rafael Quintía (Antropólogo e director do documental) e Manuel Suárez (Asociación cultural Entroido de Aguasantas).
20.45h. Mesa redonda cos relatores.
Sábado, 21 de febreiro
18.00h. Apertura das xornadas.
18.10h. Presentación do traballo “Pastores de seres indómitos”. A cargo de Anxo Rosales (Etnógrafo).
18.30h. Conferencia “Santo Xusto, o Entroido na Ulloa”. A cargo de Bruno Villamor (Gaiteiro e escritor).
19.30h. Conferencia “Laza. O Entroido enxebre”. A cargo de María Xesús Blanco Sobrino (Lazana, entroideira de pro).
20.30h. Mesa redonda cos relatores.
21.00h. Clasura das xornadas.
XORNADAS GASTRONÓMICAS
Distintos establecementos hostaleiros ofrecerán degustacións e menús típicos do Entroido.
Coa colaboración do Centro Comercial Urbano-Zona Monumental.
BASES E PREMIOS
Consulta en pontevedra.gal as bases e os premios do Desfile do Entroido, do Concurso de Murgas e da Mostra da Parodia.


