Nil Venditti | © Alessandro Bertani

Nil Venditti dirixirá á Real Filharmonía de Galicia nun concerto organizado pola Sociedade Filharmónica de Pontevedra e Afundación

27 Abril 2023

O Auditorio Sede Afundación de Pontevedra acollerá mañá venres, a partir das 20:30 horas, un concierto da Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Nil Venditti. 

Neste concerto, organizado pola Sociedade Filharmónica de Pontevedra e Afundación, poderemos escoitar a Sinfonía nº 2, op. 35, da compositora Louise Farrenc; ‘I crisantemi’, de Puccini; e a Sinfonía nº 4, op. 90 (‘Italiana’), de Felix Mendelssohn.

O recital supoñerá o debut coa Real Filharmonía de Galicia da directora italo-turca Nil Venditti, unha batuta emerxente que comeza a destacar pola súa presenza con importantes orquestras e conxuntos de todo o mundo.

Entre xuño de 2020 e maio de 2022 foi a Principal Directora Invitada da Orquestra da Toscana. Cunha gran afinidade por Haydn, Mozart, Mendelssohn e Beethoven, ten un marcado interese pola programación contemporánea á vez que destaca no xénero operístico xa que dirixiu recentemente óperas como Cosi fan tutte, L’elisir d’amore, The Lighthouse, Car

No caso de querer asistir, as persoas que non sexan socias da Sociedade Filharmónica de Pontevedra poden adquirir as entradas a través de Ataquilla.com ou no despacho de billetes do auditorio unha hora antes do comezo do mesmo.


Real Filharmonía de Galicia | Cedida

Real Filharmonía de Galicia

A Real Filharmonía de Galicia inicia o seu camiño en Santiago de Compostela en 1996. Paul Daniel é, dende 2013, o seu director titular e artístico, posto no que o precederon Helmuth Rilling e Antoni Ros Marbà. Está formada por cincuenta músicos de dezasete nacionalidades diferentes.

Con sede no Auditorio de Galicia e xestionada polo Consorcio de Santiago, mantén unha temporada de abono estable. Ao longo da súa traxectoria acompañárona os máis destacados directores, cantantes e instrumentistas do mundo.

Ten realizado xiras e concertos en escenarios de Alemaña, Austria, Francia, Brasil, Arxentina, Cuba e Portugal, país co que mantén unha estreita colaboración. Comprometida co territorio ao que presta servizo, actúa asiduamente por toda Galicia.

A RFG amosa un especial interese pola obra de autores noveis, en particular de compositores galegos. A súa discografía consta de máis de doce cedés, dedicados a Maurice Ravel, Manuel de Falla, Frederic Mompou, Antón García Abril, Franz Schubert ou José Arriola.

A Real Filharmonía de Galicia traballa no achegamento a novos públicos, a través de propostas didácticas, familiares e programas especiais; promovendo ademais a realización de concertos en espazos abertos.

A orquestra forma un proxecto conxunto coa Escola de Altos Estudos Musicais, coa que colabora para ofrecer unha formación altamente especializada en práctica orquestral a xoves intérpretes.


Nil Venditti | © Alessandro Bertani

Nil Venditti (directora)

A directora ítalo-turca Nil Venditti colaborou recentemente con formacións como a Orquestra della Toscana- da que é directora invitada principal-, a Orquestra Filarmónica dos Países Baixos e o Ancyra Ensemble de Ankara.

Ao longo da tempada 2020/21, debutou con gran éxito de crítica e público coa Orchestre National du Capitole de Toulouse, Orchestre National de Metz, Pierre Lemanic Modern Ensemble, Stuttgarter Kammerorchester, Orchestra dell’Area dei Verona e Irish National Opera.

Notable foi o seu debut coa Camerata Salzburg en novembro de 2019, dirixindo obras do compositor e pianista Fazil Say, quen se converteu nun gran apoio de Nil Venditti desde que traballaron xuntos por primeira vez en febreiro de 2018.

Na tempada 2021/22, dirixiu á Orchestre National du Capitole de Toulouse, así como a Ópera Nacional de Irlanda. Fixo o seu debut, tanto operístico como sinfónico, coa Orchestre National Bordeaux Aquitane, e dirixiu por primeira vez á Royal Liverpool Philharmonic Orchestra, Orquestra Filarmónica de Bruxelas, Luzerner Sinfonieorchester, Orchestre National de Lille, Orquestra Haydn dei Bolzano e Trento, Opera North Orchestra e I Musici de Montréal.

Cunha forte afinidade polo repertorio clásico central de Haydn, Mozart e Beethoven, tamén está a expandir o seu repertorio ao campo operístico, dirixindo xa óperas como Così fan tutteLle nozze dei Figaro e Die Zauberflöte, de Mozart; The Lighthouse (O faro), de Peter Maxwell- Davies; Nabucco, de Verdi; Carmen, de Bizet; e Prima la musica poi le parole, de Salieri. En 2022 dirixiu en Burdeos L’elisir d’amore, de Donizetti; e Tosca de Puccini.


Está pasando!