O 26 e 27 de novembro, a Deputación de Pontevedra celebrará as III Xornadas de Memoria Histórica, na loita contra a impunidade

12 Novembro 2021

Por terceiro ano consecutivo, e cando se cumpren 85 anos dende o golpe de Estado, a Deputación de Pontevedra vai celebrar as súas Xornadas de Loita contra Impunidade, centradas este ano na ‘Corrupción Franquista: métodos e consecuencias na actualidade’.

Nelas preténdese poñer sobre a mesa, sen censura, que as empresas que financiaron a ditadura xenocida se facían de ouro mentres había persoas asasinadas, torturadas e encarceradas, e outras sufrían unha importante represión económica que condicionou a súa vida.

Quedará reflexado que esa corruptela non rematou no 75 coa morte do ditador, nin no 78 coa aprobación da Constitución, senón que as persoas herdeiras daquel tempo, das empresas e dos cargos, levan máis de 40 anos ‘enchendo o peto’ con total impunidade “baixo a cegueira premeditada” de certas institucións e quen as ocupa.

Formulario de inscrición

PROGRAMA

 Venres, 26 de novembro 

  • 16:00 h Inauguración por parte das autoridades
  • 16:30 h Antonio Maestre, “O capital e a represión: Franquismo S. A.”
  • 17:15 h Xosé Álvarez Castro, “Represión económica, entre a corrupción e o espolio”
  • 18:00 h Pausa para o café
  • 18:30 h Beatriz Busto, “A Galiza em NO-DO. A arquitectura da subalternidade cultural”
  • 19:15 h Proxección do documental Billy de Max Lemcke, coa participación de Miguel Ángel Gómez Gus, vítima de Billy el Niño

 Sábado, 27 de novembro 

  • 10:00 h Rebeca Quintás, “Todo atado e ben atado: do franquismo á monarquía”
  • 10:45 h Xosé Ramón Rodríguez Lago, “Igrexa e ditadura. Da estreita alianza ao suposto despegue”
  • 11:30 h Pausa para o café
  • 12:15 h Araceli Freire “Resistir, sobrevivir e loitar polo común nunha longa noite de pedra”
  • 13:00 h Mesa redonda “Cando a herdanza é a memoria”
    • Carlos Babío, autor de Meirás: un pazo, un caudillo, un espolio
    • Paqui Maqueda, presidenta da asociación andaluza Nuestra Memoria e integrante da plataforma Gambogaz
    • Susana Sánchez Arins, autora de Seique
    • Modera Natalia Puga, xornalista do Pontevedra Viva
  • 14:00 h Pausa para comer
  • 16:15 h Partida ao Val Miñor para a Viaxe da Memoria guiada por Xosé Lois Vilar, Sabarís-Volta das Nove (Baiona)-Oia
  • 20:00 h Regreso a Pontevedra

Descargar Programa PDF

Está pasando!