O Ateneo Santa Cecilia coa colaboración Concello de Marín, organiza a LXIX edición do ‘Concurso de Maios e Embarcacións’

4 Abril 2022

Seguindo coa tradición, con motivo do dia 1 do mes de maio, o Ateneo Santa Cecilia coa colaboración Concello de Marín, organiza a LXIX edición do ‘Concurso de Maios e Embarcacións’, dirixido a tódolos centros escolares, Asociacións e demais colectivos de Marín e bisbarra.

  1. Os MAIOS terán forma cónica e os armazóns poderán estar feitos con calquera material. Na decoración exterior dos MAIOS só se utilizarán elementos vexetais e naturais.
  2. As EMBARCACIÓNS só serán de construción artesanal.
  3. A COROA deberá respectar as formas tradicionais dos maios de Marín e estará recuberta con material vexetal. Non se permitirán engadidos de figuras ou outros símbolos non tradicionais.
  4. Os grupos que desexen tomar parte neste concurso, teñen que facela súa inscrición antes das 20:30 horas do dia 27 de abril. Para elo, deberán cubrila folla de inscrición que poden recoller na secretaria do Ateneo, situada na rúa do Forno, 42, baixo en horario de 17:30 a 20:30 horas de martes a venres e o sábado de 11:00 a 13:00 horas. Á dita inscrición deberanse xuntar 8 copias da letra coa que participen no concurso.
  5. A valoración dos grupos participantes farase mediante un XURADO nomeado polo Ateneo que valorará de 1 a 10 puntos a cada participante, en cada un dos apartados do concurso. Puntuación que se fará pública ao remate do concurso. O Xurado contará cun/ha secretario/a do Ateneo e o seu fallo non poderá ser recurrido.
  6. Os apartados do concurso serán para MAIOS: Letra – Construción – Coroa – Interpretación. Para EMBARCACIÓNS: Letra – Construción – Interpretación. En cada apartado haberá un primeiro, un segundo e un terceiro premio, podendo quedar deserto algún deles si o xurado así o considerara.
  7. Tódolos grupos recibirán unha axuda polo feito de participar, ademais da tradicional rosca e o chocolate para os seus compoñentes.
  8. A letra das coplas deberá ser en galego e de libre composición.
  9. Na interpretación, que será de catro estrofas e a última, usaranse as melodías tradicionais tanto no caso dos Maios como das Embarcacións, e o xurado terá en conta, se se dera o caso, a recuperación dalgunha melodía tradicional.
  10. A relación e contía de premios farase pública nos medios de información local.
  11. Os grupos participantes terán, obrigatoriamente, que concentrarse as 12:30 horas na alameda Rosalía de Castro, no entorno do palco da música, e as 16:30 no mesmo lugar.
  12. A participación no concurso obriga a aceptación destas bases.

Está pasando!