O I Circuíto de Rutas Iberoamericanas chega á Sala Ártika no mes de febreiro

22 Xaneiro 2024

Trátase dun proxecto de internacionalización das artes escénicas entre Arxentina, Chile e España, impulsado e xestionado pola Sala Inestable e no que participan outras nove salas españolas, entre as que se atopan a viguesa Sala Ártika. O proxecto enmárcase baixo o paraugas da Rede Iberomericana de Espazos Escénicos (RIEE).

A partir do venres 2 de febreiro e ata o domingo 25, dúas compañías arxentinas, unha chilena, dúas portuguesas e dúas nacionáis, amosarán en xira os seus espectáculos. Dende Arxentina, Ignacio Tamagno presenta ‘La Sapo’, un poema escénico a dúas voces que indaga nos cruces entre o teatro, poesía e instalación visual para ofrecer unha proposta escénica de gran poder evocativo. ‘La sapo’ estará na Sala Ártika o domingo 4 de febreiro.

A outra compañía arxentina seleccionado é a da creadora Martina Cabanas Collel, coa súa obra ‘NOS’, unha comedia política que reflexiona sobre a esencia do pensamento totalitario dende unha perspectiva ampla, e que estará o sábado 3 de febreiro.

Dende Chile, este circuíto achega o traballo de Teatro Apátrida, compañía formada por un grupo de actores e creadores chilenos residentes entre Chile, Barcelona, París e Londres. A súa peza, ‘Medium. Chile estalla en la distancia’, está inspirada nunha estrutura documental que indaga a través das testemuñas da revolución social acontecida en Chile dende outubro de 2019 espectáculo poderase ver o domingo 18 de febreiro.

Dende Portugal as compañías Teatro Art’imagen e Companhia Certa amosarán as súas creacións o 11 e o 17 de febreiro respectivamente. A primeira, ‘Desumanizaçao’, é unha versión do recoñecido escritor portugués Valter Hugo Mae. Unha historia de perda, loito e superación que nos fai cuestionar os límites (ou a súa transgression) da humanidade.



A única obra para público familiar do circuíto chega da man da Companhia Certa o sábado 17 de febreiro con ‘DoNoDoNaDa’. Un espectáculo dirixido a nenos e familias a partir de 3 anos construída coma unha parábola sen palabras onde os xestos e movementos dos actores non precisan do texto para entenderse.

Completan o cartaz a compañía Ártika Cía que abrirá o circuíto o venres 2 de febreiro coa obra ‘Mosca’, que narra a historia de Pedro, un neno de dez anos que sofre acoso escolar. Pedro vese reflectido nos ollos da súa nai, o seu pai e a súa profesora en calquera instante da peza. Anguriante e intensa, ‘Mosca’, somérxese na vida dun neno e que é o que este sinde sufrindo bullying, pero tamén no temor, nos prexuizos e o non saber que facer e como pode solucionalo o entorno no que Pedro se move.

Pecha o festival a compañía extremeña Karlik Danza con ‘María Zambrano; la palabra danzante’ o 24 e 25 de febreiro. Karlik danza-teatro, rende homenaxe á filósofa española. Tras case medio século de exilio, España recoñecerá a figura de María Zambrano outorgándolle no 1981 o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades e, en 1988, será a primeira muller en recibir o Premio Miguel de Cervantes de Literatura. Invitámosche a coñecer a figura de María Zambrano como muller, pensadora, creadora a través da palabra danzante, da imaxe, a metáfora e o símbolo dende o pensamento poético.


Está pasando!