Carme Fouces e Iván Rodríguez | © Concello de Pontevedra

O nigranés Iván Rodriguez deseña o cartaz do XXIV Salón do Libro no que os libros para xogar son os protagonistas

17 Marzo 2023

  • A encarga foi realizada logo de seleccionar o seu portfolio de traballos entre máis de 60 ilustradores/as galegos/as ou afincados en Galicia que achegaron as súas propostas
  • O evento, que terá lugar entre o 21 de abril e o 7 da maio no Pazo da Cultura de Pontevedra, homenaxeará a María Fe Quesada e Manuel Lourenzo e seleccionou a literatura colombiana como convidada
  • Nas próximas semanas a organización presentará novidades desta edición e a programación completa

A concelleira de Cultura Carme Fouces presentou fai uns días o cartaz do XXIV Salón do Libro ‘Libros para xogar’ acompañada polo seu autor Iván Rodríguez Rodriguez foi seleccionado entre 60 ilustradores/as galegos/as ou afincados en Galicia que achegaron os seus portfolios.

Fouces salientou “o importante peso que lle damos ao cartaz na medida na que cremos que a ilustración é unha das patas sobre as que se edifica o Salón, a literatura infantil e tamén unha parte da literatura para adultos.  Nos últimos anos empregamos varias fórmulas para seleccionar pero esta última, en contacto cos profesionais da ilustración é a que máis beneficia ao sector. Consiste na recepción de portfolios entre os que un xurado profesional, escolle quen será o deseñador/a. Estamos encantadas da alta participación, xa que desta volta recibimos 60 propostas. É unha encarga moi atractiva, xa que o cartaz ten moita visibilidade e logo é algo ao destacar no seu CV. Estamos encantadas de que o xurado especializado escollera a un ilustrador como Iván R., cunha ampla tarxectoria como ilustrador no mundo da literatura, a publicidade e incluso a moda, que xa traballou en algunha edición do Salón impartindo obradoiros, e soubo captar moi ben o que queríamos mostrar”.

Pola súa parte Iván quixo agradecer ao xurado e a organización que contaran con el para dar imaxe ao Salón,  no que xa participara doutro xeito: “O tema do xogo, nunca mellor dito, daba moito xogo como temática á hora de crear o cartel. Tivén en conta varias cousas como representar gráficamente un xogo, sintetizando das formas e cores e pensei que as pezas de madeira de cores, de construcción de cando eramos máis novos representaban moi ben esa idea. Logo traballei para unificalo coa lectura que, mediante a interacción coas pezas, representa os pequenos universos que se crean cando lemos un libro. Empreguei cores primarias por considerar que son máis efectista á hora de ver o cartaz de lonxe tamén.  Foi unha experiencia xenial facer este traballo, estou moi contento co restultad e penso que a xente da organización penso que tamén”.



CV Iván Rodríguez Castro

Iván Rodríguez (Nigrán) Cunha ampla traxectoria como ilustrador en editoriais, prensa, televisión e publicidade e tamén como deseñador na fundación de Sybilla, actualmente traballa no sector editorial como director de arte e no seu estudio en Vigo para diferentes editoriais e marcas de todo o estado.

Libros publicados:

“Etiqueta para todos” (Xerais, 2009),”Estamos no verán” (2014), “Teatro de guiñol” (2016), “Cociñando con Bolboretas no bandullo” (Xerais, 2018), “A araña que lles tiña medo ás arañas” (Xerais, 2019), “Meigas fóra!” (Xerais, 2020), “Soños de Cajamarca” (2021), “Darío a diario” (Xerais, 2021), “O neno de lume” (Xerais, 2022), “Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente” (Ed Embora 2022), “El niño de fuego” (Anaya, 2022) A serie de banda deseñada “Miñoca” (Xerais, 2021/2022/2023). (Takatuka, 2021/2022/2023), El nen de foc (Barcanova, 2022), Texto e ilustración de “Os Winkle. Máis finos ca un allo”. (Cumio, 2022), Gloria (Triqueta editora, 2023)

Cubertas narrativa:

O lado do que dormes- María Canosa(Xerais), Cobiza- María Reimóndez (Xerais), Multitudes- María Reimóndez (Xerais), A parte fácil- Ismael Ramos (Xerais), Cadencias- Manuel Portas (Xerais), Sen piedade- Pedro Feijoo (Xerais) Quérote. Eu tampouco- Cecilia F. Santomé, Soños de Cajamarca- (Antela Editorial), Invisibles- Montse Fajardo- (Cumio Editora), Meirás, un pazo para el caudillo. (Cumio editora), Cubertas para a Colección Clásicos de Xerais, Cubertas para a Colección libro X Xerais

Publicidade:

As mulleres das letras: ilustracións para o calendario que homenaxea as escritoras galegas (Xerais 2022), Ilustracións para campaña de ABANCA 2016 (axencia Shackleton- Accenture, Madrid), Ilustracións para campaña de ABANCA 2015 (axencia Shackleton- Accenture, Madrid), Ilustracións para campaña CEPSA 2014 (Axencia Sra. Rushmore- Madrid), Imaxe de produto ilustrado e campañas para a marca Sémola 2016, 2017, 2018, 2019,2020, 2021, 2022), Deseño e ilustración para prints e campañas da marca de moda Mandacarú. 2014, Ilustración e deseño do cartel do evento “Cidade Imaxinaria” Gaiás- Cidade da Cultura.2015, Ilustración para a imaxe do Culturgal con Antonio Doñate  (2011,2012, 2013, 2014)

Prensa:

-Ilustración para a revista Luzes nº5 2014, Ilustración para artigo na revista Luzes nº3  2014, Ilustración de prensa para artigo de Bieito Rubido en O Xornal

Audiovisual:

Deseño de personaxes e escenarios para o programa de tv “Misió impossible” de Amparo Solís de Benecé producció na BTV (Barcelona), Storyboardista para a produtora Filmanova (Coruña), Deseñador de personaxes, fondos e storyboard para o filme de animación “Bieito o mago” 2008Video, llusutracións para campaña publicitaria da marca Pereira 2014, Pezas de ilustración animada para a campaña audiovusal de ABANCA 2012, Ilustracións para FX da serie “Hierro” de Portocabo produccións para Movistar

Moda:

-Responsable do deseño de comunicación da fundación Fabrics for freedom de Sybilla

-Deseño de prints para a marca de moda Racataplán (Galicia)

-Deseño de prints para a marca de moda Mandacarú (Galicia)

-Deseño de prints para a marca de moda Xiro (Galicia)

-Ilsutración e de seño para campaña de Zara INDITEX 2007 (Filmanova- Galicia)

Teatro:

-Escenografía e cartelería do espectáculo: Viaxe sen botella da compañía Caramuxo 2009

-Escenografía, vestiario e cartelería do espectáculo MAMBO, de EscenaTe 2012

Didácticas e docencia:

-Van Divulgación (Vigo) 2010- actualidade

-Instituto Europeo de Deseño (Madrid) 2015

-Escola de deseño Pin Factory (Vigo) 2011-2021

Está pasando!