O Salón do Libro retoma o seu Congreso Internacional de Mediación Lectora en colaboración coa UVigo e con formato virtual

9 Abril 2021

A que será a terceira edición leva por título “Emerxencia literaria: ler en tempos de pandemia” e terá lugar os xoves 22, 29 de abril e 6 de maio de 16:30 a 20:00 h. a través do Campus Remoto.

Contará con 150 prazas e as inscricións, de balde, xa están abertas en salondolibro.gal e para a comunidade docente, a través do CFR.

Jordi Sierra, Fran Alonso, Jaume Centelles, Mar Benegas, os proxectos Bubisher, Libros que Unen ou Contos dende Medellín formarán parte desta edición que pechará Luz Gallego “Nenuca” de Seijas.


PROGRAMA


Xoves 22 de abril

Presenta e modera: Tamara Andrés

  • 16.30 h: Inauguración do congreso: Carme Fouces, Concelleira de Cultura de Pontevedra e Jorge Soto, Vicerreitor do Campus de Pontevedra (Universidade de Vigo)
  • 16.45 h: Jaume Centelles. A lectura (tamén) cura
  • 17.30 h: Charo Pita. Abrazar coas palabras: lectura expresiva e en voz alta
  • 18.30 h: MUVI, Galo Martínez e Luz Castro. Videoxogos: manual de instrucións
  • 19.15 h: Fran Alonso. Como transmitir a poesía infantil e xuvenil

Xoves 29 de abril

Presenta e modera: Chus Gomez

  • 16.30 h: Mar Benegas. Agochar a chave que sangra: tabú e censura na LIX
  • 17.15 h: Luz Beloso. Lecturas ilustradas
  • 18.15 h: Hematocrítico. Escribir é divertido
  • 19.00 h: Freddy Gonçalves. Falar de adolescencia(s)

Xoves 6 de maio

Presenta e conduce: Nee Barros

  • 16.30 h: Jordi Sierra i Fabra. Vida de escritor
  • 17.15 h: Comunidade Educativa Alpartir (Zaragoza). Libros que unen. Animar a ler en tempos de pandemia
  • 18.15 h: Gonzalo Moure. Bubisher: sementeira e colleita no deserto
  • 19.00 h: Diego Alejandro Ruiz. Costuras e lecturas: Contos desde Medellín
  • 19.45 h: Peche do III Congreso Internacional de Mediación Lectora: 40 anos entre libros. Luz Gallego, Librería Seijas e Eulalia Agrelo Costas (Universidade de Vigo)

Se es profesorado en activo do ensino público e concertado debes matricularte a través do CFR co código P20140001

O resto das persoas interesadas deben inscribirse a través do formulario.

O curso acredita 10 horas de formación: para o profesorado que se matricule polo CFR é este organismo quen certifica e, para o resto, a Universidade de Vigo.

PROGRAMA CONGRESO PDF

Está pasando!