Os actos de conmemoración da Batalla de Rande continúan esta fin de semana na contorna do Museo Meirande

20 Outubro 2021

A Batalla de Rande foi unha importante batalla naval librada no estreito de Rande e dentro da Enseada de San Simón (onde se sitúa agora a Ponte de Rande), no interior da Ría de Vigo.

Produciuse o 23 de outubro de 1702 e enfrontou ás escuadras das coalicións anglo-holandesa e hispano-francesa, no contexto da Guerra de Sucesión Española.

Curiosamente, Julio Verne localizou no escenario desta batalla a fonte de aprovisionamento de ouro do Nautilus na súa novela 20.000 leguas de viaxe submarina. Como resultado da vitoria inglesa, Vigo deu nome a unha rúa en Londres, coñecida como Vigo Street.

O sábado 23 e o domingo 24 as actividades do VIII Acto de Conmemoración da Batalla de Rande celébranse na contorna do Museo Meirande.

 Sábado 23 

  • 11:00. Apertura do mercado tradicional.
  • 11:30. Chegada das embarcacións tradicionais.
  • 11:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:30. Oradoiros tradicionais de lafareiría, escritura antiga, pintura clásica e acuñación de moeda.
  • 11:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:00. Atraccións tradicionais para cativas e cativos na contorna do Museo Meirande. Prezo: 3 euros.
  • 12:30. Desfile inaugural.
  • 13:00. Obra de teatro infantil “Unha historia pequena”.
  • 16:00. Visita guaida en barco pola Enseada de San Simón. Saída do Museo Meirande. Prezo: 4 euros.
  • 17:00. Visita guaida en barco pola Enseada de San Simón. Saída do Museo Meirande. Prezo: 4 euros.
  • 17:00. Segundo pase da obra de teatro infantil “Unha historia pequena”.
  • 17:30. Teatralización da Batalla de Rande coa obra “Os galeóns de Rande”.
  • 19:30. O desembarco, a descarga e o asalto da fortaleza.
  • 20:30. O fundimento, Arde o mar. Representación naval da batalla con pirotecnia.

 Domingo 24 

  • 12:30. Desfile.
  • 13:00. Obra de teatro infantil “Unha historia pequena”.
  • 13:45. Teatralización da Batalla de Rande coa obra “Os galeóns de Rande”.

Información de retirada de entradas

Para o control do aforo é necesario a retirada de entradas para cada espectáculo no Multiusos de Redondela e no Museo Meirande.

Unha parte do aforo reservarase para o mesmo día das actuacións.


 

Está pasando!