Poiocultura informa que xoves 20 de abril abrirase o prazo de inscrición para participar no Concurso dos Maios 2023

18 Abril 2023

A Concellería de Cultura do Concello de Poio informa de que o vindeiro día 20 de abril abrirase o prazo de inscrición para participar nunha nova edición do Concurso dos Maios, que terá lugar o día 1 de maio, a partires das 11.00 horas, na Praza do Mosteiro.

O período para anotarse permanecerá operativo ata o 26 de abril, inclusive, e a tramitación deberá levarse a cabo a través da Sede Electrónica do Concello (www.concellopoio.sedelectronica.gal). No caso de optar pola vía presencial, requirirase pedir cita previa. Nas solicitudes deberán constar o nome, enderezo e teléfono de contacto ou correo electrónico da persoa representante do maio.

As bases do concurso foron aprobadas este martes na Xunta de Goberno Local. A concelleira de Cultura, a nacionalista Raquel Rodríguez, xa mantivo hai uns días unha reunión con representantes do tecido asociativo e cultural do municipio para dar informar sobre os detalles do evento.

Nesta edición a contía total dos premios ascende a 6.800 euros. Polo mero feito de participar cada maio recibirá 300 euros e dúas roscas. Con respecto aos premios, repartiranse entre os tres primeiros clasificados nas categorías ao mellor conxunto (220, 180 e 150 euros, respectivamente), mellor maio, mellores coplas, mellor coroa, mellor actuación e mellor barco galego tradicional. Nestes cinco subgrupos os premios serán de 150, 120 e 100 euros, respectivamente.

O xurado estará composto polos membros da Comisión Información de Educación, Cultura e Deportes do Concello de Poio. A concelleira de Cultura anima á veciñanza a participar no que é un dos eventos máis tradicionais e emblemáticos de Poio e que forma parte da axenda cultural Verbas en Flor.

DESCARGAR BASES EN PDF

1 – OBXECTO

O Concello de Poio establece esta convocatoria de concurso co fin de preservar o patrimonio cultural e fomentar o interese polas actvidades culturais e festvas tradicionais do noso municipio.

As presentes bases teñen por obxecto regular o procedemento da concesión de premios do concurso dos Maios para o ano 2023 que se celebrará o día 1 de maio, ás 11 horas, na praza do Mosteiro (San Xoán de Poio).

2 – CRÉDITO ORZAMENTARIO:

Para a concesión dos premios obxecto desta convocatoria, destnaranse un crédito de 6.800 €, correspondente á aplicación orzamentaria No 334 4801 do orzamento de gastos para o exercicio 2023.

3 – PARTICIPANTES:

Poderán partcipar no concurso dos Maios as persoas fsicas, asociacións, grupos, colectvos, centros escolares e agrupacións de persoas físicas ou xurídicas sen personalidade, que formalicen a súa inscrición para participar no concurso de Maios 2023.

Un membro de cada un dos colectvos partcipantes deberá asistr ás reunións que para o efecto sexan convocadas polo Concello de Poio.

4 – PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN

É condición imprescindible que os Maios que partcipen no concurso se inscriban no Rexistro Xeral do Concello de Poio, presentando o modelo xenérico de solicitude xunto con once copias das coplas, a través da sede electrónica do Concello, ou ben con cita previa. 

O prazo de inscrición para participar será do 20/04/2023 ao 26/04/2023 ambos inclusive. Na solicitude deberá constar o nome, enderezo e teléfono de contacto/correo electrónico da persoa representante do Maio.

5 – REQUISITOS DOS MAIOS PARTICIPANTES

Os maios partcipantes deberán presentarse na praza do Mosteiro (San Xoán de Poio) antes das 11 horas do día 1 de maio para a súa inspección polo xurado; aqueles Maios que non estean á hora indicada quedarán descualificados.

Serán susceptiles de oiteren os premios regulados nestas iases os maios que cumpran os seguintes criterios:

  1. O maio será tradicional de Poio, de forma cónica, adornado con produtos tradicionais na confección e armazón (fúncho, pampullos, margaridas, laranxas e ovos de galiña, fores silvestres propias da zona empregadas tradicionalmente nos maios, no seu estado natural.) Tamén se aceptarán, por ser tamén de tradición local, cartuchos (calas, camelias, rosas silvestres). Calquera outro elemento de adorno será penalizado.
  2. O armazón non terá estrutura metálica aínda que se permiten os aros de barril.
  3. Deberá estar atado con vimbias ou similar e non poderá levar rexinllas de plástco nin redes.
  4. Serán valorados elementos de tpo técnico (como a uniformidade do manto de fúncho, a elaboración uniforme das coroas decoradas con fores e follas naturais, silvestres e da tempada propias da zona e empregadas tradicionalmente nos maios, no seu estado natural) e artísticos (a distribución dos adornos no maio, a composición de formas e cores, etc.).
  5.  Cada Maio poderá participar cunha soa coroa, que deberá estar colocada cando menos durante a actuación do Maio.
  6. A utlización dos materiais para confeccionar a estrutura da coroa será libre. O tamaño da coroa gardará proporción co maio, non podendo superalo en altura.
  7. A decoración da estrutura da coroa será con fores e follas naturais, silvestres e da tempada.
  8. As coplas deberán ter a seguinte composición: estrofas de catro versos de 7 ou 8 sílabas, rimando a 2ª coa 4ª.
  9. Nas cantgas valorarase a retranca, a composición, o ritmo e a linguaxe utlizados. Penalizarase o o uso de coplas copiadas de anos anteriores.
  10. Na interpretación valorarase o emprego do canto tradicional do maio, así como a entoación, ritmo e actuación do conxunto. Tamén se valorará o uso dos materiais de acompañamento (palitroques ou estadullos).
  11. Na actuación de cada maio serán interpretadas 4 estrofas.
  12. Só se aceptará a presentación dun barco por cada maio participante.
  13. Os barcos deberán ser de tipo tradicional galego.

Quedarán á interpretación do xurado todos aqueles aspectos non contidos nos presentes criterios.

6 – ACTUACIÓN DOS MAIOS

A orde de actuación dos maios será elixida por sorteo, antes do comezo do concurso. O acto da Festa dos Maios terá a seguinte orde de actuación:

  1. Actuación dos Maios.
  2. Actuación dun grupo de música tradicional.
  3. Entrega de Premios.

7 – XURADO CUALIFICADOR

O xurado estará formado polos membros da Comisión Informatva de Educación, Cultura e Deportes do Concello de Poio.

O xurado emitrá o seu veredicto a través do sistema de puntuación seguinte:

  1. Cada membro do xurado deberá puntuar cada maio cunha nota do 1 a 10.
  2. A puntuación total será a obtda da división efectuada entre a suma do total puntuado e a suma do número de membros do xurado que puntúan en cada caso.
  3. As puntuacións realizaranse nunha grella proporcionada para o efecto que será entregada á secretaría do xurado ao remate das actuación de todos os Maios concursantes.

O xurado concederá os premios aos maios participantes e redactará a acta do resultado.

O ditame do xurado será inapelable en todo caso.

8 – PREMIOS

Os maios concursantes percibirán os seguintes premios por cada modalidade:

• Premios ao mellor CONXUNTO

  • 1º Premio 220,00 €
  • 2º Premio 180,00 €
  • 3º Premio 150,00 €

• Premios ao mellor MAIO

  • 1º Premio 150,00 €
  • 2º Premio120,00 €
  • 3º Premio 100,00 €

• Premios ás mellores COPLAS

  • 1º Premio 150,00 €
  • 2º Premio 120,00 €
  • 3º Premio 100,00 €

• Premios á mellor COROA

  • 1º Premio 150,00 €
  • 2º Premio 120,00 €
  • 3º Premio 100,00 €

• Premios á mellor ACTUACIÓN

  • 1º Premio 150,00 €
  • 2º Premio 120,00 €
  • 3º Premio 100,00 €

• Premios á mellor BARCO GALEGO TRADICIONAL

  • 1º Premio 150,00 €
  • 2º Premio 120,00 €
  • 3º Premio 100,00 €

Polo feito de participar, cada maio recibirá dúas roscas e 300 euros.

As letras dos maios premiados poderán ser publicadas polo Concello de Poio, citando a procedencia e sen que os seus autores teñan dereito a percibir ningunha cantdade.

9 – PUBLICIDADE

As bases e a súa convocatoria será publicada na sede electrónica do Concello, na páxina web do Concello de Poio, complementariamente no taboleiros de anuncios.

10 – DISPOSICIÓN FINAL

A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases.

Está pasando!