Paco Charlín | © SPJ

Pontevedra recupera o ‘Jazz no Principal’ dous anos despois, coincidindo co 20 aniversario do Seminario Permanente de Jazz

10 Outubro 2022

  • O SPJ e o Concello de Pontevedra organizan e promoven dúas xornadas musicais no edificio municipal, o mércores 12 e o mércores 26 de outubro, ambos os dous concertos ás 21:00 horas
  • Actuarán Abe Rábade & SPJ Talents e Paco Charlín & SPJ Meeting, poñendo en valor o enorme valor e crecemento que este xénero musical viviu na Boa Vila

Despois de dous anos de parón por mor da pandemia volta o ciclo Jazz no Principal á cidade de Pontevedra.

Nesta edición de 2022 o SPJ quere celebrar por todo o alto o seu 20 Aniversario, mantendo firmemente a súa filosofía de programación; unha decidida aposta polo pouso didáctico que as figuras do jazz deixan nas xóvenes promesas deste estilo en Galiza.

Para esta efemétide o Seminario Permanente de Jazz porá en valor aos seus dous mestres Abe Rábade e Paco Charlín, duas figuras do jazz a nivel mundial cunha grandísima pegada na historia contemporanea do jazz tanto en Galiza coma internacionalmente, As actuacións consisten nun programa elaborado tanto por Abe coma Paco, que contarán coa presenza de varios jazzistas convidados para esta ocasión.

Esta completa programación abonda unha vez máis naquela idea sempre presente no facer do SPJ; o decidido apoio e dinamización do jazz e os novos jazzistas galegos.

ABE RÁBADE & SPJ-Talents. Mércores 12 de outubro ás 21:00 h.

  • Abe Rábade: piano
  • Javier Pereiro: trompeta
  • Virxilio da Silva: guitarra
  • Juansy Santomé: contrabaixo
  • Hector Agulla: batería

PACO CHARLÍN & SPJ-Meeting. Mércores 26 de outubro ás 21:00 h.

  • Paco Charlín: contrabaixo
  • Alberto Rodríguez: saxo alto
  • Javier Abraldes: guitarra
  • Daniel Corral: piano
  • Antón Iglesias: batería
  • Fernando Sánchez: saxo tenor
  • Xan Campos: piano
  • Max Gómez: batería

A entrada xeral para cada concerto é de 3 euros (máis gastos de tramitacaión), e pode ser adquirida en Ataquilla.com ou unha hora antes no propio edificio do Principal. Tamén no teléfono 902 504 500.


20 ANIVERSARIO DO SEMINARIO PERMANENTE DE JAZZ DE PONTEVEDRA

O Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra leva xa vinte anos sendo o referente deste estilo musical na Galiza, traballando dous piares básicos: a formación de futuros músicos e a dinamización deste estilo na sociedade por medio de ciclos de jazz, concertos didácticos para escolares ou a edición de traballos discográficos.

Nestes vinte anos, o SPJ logrou botar as súas raices en Pontevedra, expandindo a súa semente polo resto da Galiza da man dos dous músicos máis sobranceiros do jazz galego: Abe Rábade e Paco Charlín.

O SPJ achegou a Pontevedra aos músicos máis destacados da Península Ibérica: Perico Sambeat, Jesús Santandreu, Albert Sanz, Francisco A. “Latino” Blanco, Voro García, Ramón Cardo, Carlos Martín, Javier Vercher, Toni Belenguer e Vicente Maciá (Valencia); Albert Bover, Dani Pérez, Raynald Colom, Marc Ayza, Guim G. Balasch, Tom Warburton, Horacio Fumero, José Reinoso e Llibert Fortuny (Catalunya); Mikel Andueza, Jon Robles, Victor de Diego e Pablo Martín (Euskadi); Luis Giménez (Navarra); Carlos Azevedo, Rita María, Afonso Pais, Joana Machado, Jeffery Davis, Carlos Barretto, Demian Cabaud, Zé Eduardo, Mario Barreiros, Joao Moreira, Filipe Melo, Nuno Ferreira, Nelson Cascais, Joao Silvestre, Rodrigo Gonçalves, Alexandre Frazao, Sergio Carolino, Mario Delgado, André Fernández, Bruno Pedroso, Jesse Chandler, Bernardo Moreira, André Sousa Machado, Gremio das Músicas, Big Band de Nazaré, Zé Pedro, Ricardo Toscano, Joao Mortagua e Joao Guimaraes (Portugal); Antonio Serrano, Bobby Martínez, Juanma Barroso, Germán Kucich, Román Filiú, Bob Sands, Chris Kase, Doris Cales,Natalia Dicenta, Jerry González, Vistel Brothers, Rafael Águila,Ariel Brínguez, Álvaro del Valle, Daniel Juárez, Reinier Elizarde “El Negrón” e Andy Philips (Madrid);Kike Perdomo (Canarias); Arturo Serra (Andalucía); Santi Quintáns, Ramón Ángel Rey e Cuchús Pimentel (Galiza).

Tamén aos artistas máis destacados a nivel europeo coma Ryan Hanseler, Pierre Dunker, Rale Micic, Joris Roelofs, Mark Schilders, Cennet Jónsson, ;e da outra beira do Océano Atlántico, coma son os neoiorquinos Logan Richardson, Taylor Eigsty, Eden Ladis, Myron Walden, Mark Whitfield Jr., Darren Barrett, Orrin Evans, Rodney Green, Philip Dizack, Joe Sanders, Greg Ruggiero, Tommy Crane, Reggie Quinerly, Corcoran Holt, John Davis, Matt Vorzimer, Aidan Carrol, Sam Harris, Mike Moreno, Josh Ginsburg, Adam Niewood, Bill Goodwin, Aaron Goldberg, E.J. Strickland, Marcus Strickland, Lage Lund, Ambrose Akinmusire, Derek Nievergelt, Marcus Gilmore, Walter Smith III, Johnathan Blake, Matt Brewer, Alan Ferber, Jonathan Kreisberg, Jaleel Shaw, Donald Edwards, John O´Gallagher, Jeff Williams, Brannen Temple, Aruán Ortiz , Jeremy Siskind, Andrew Rathbun,Joel Ross, Christos Rafalides, Owen Hart Jr., e Miguel Zenón.

Pero ademáis disto o SPJ contou nas súas programacións cos grupos máis representativos do novo jazz galego coma Javier Pereiro Quinteto, Virxilio da Silva Quintet, Yago Vázquez Quintet, Xan Campos Quinteto, Alberto Vilas Quinteto, Gabriel Peso Trio, Ton Risco Quinteto, Marcos Pin Factor E-Reset, Marcelino Galán Quinteto, Mr. Chacho, Xacobe Martínez Antelo Quintet, SOS trio, Sumrrá, Pablo Castaño & Michel González Quintet, La Calle Jazz Trio, Nando Lago Quartet, Terela Gradín & Manolo Gutiérrez, Moreira-Cuacci “Cantando a Jobim”, Orquestra de Jazz do Morrazo, Balea´s Blues Quintet, etc.

Na producción discográfica, o SPJ foi pioneiro na edición de cd´s onde se plasma o traballo de todos os seus alumnos. Neste formato, o SPJ conta xa con “Cruzada” (curso 2002-2003), “Gajaezzia” (curso 2003-2004), “JAZZ LIVE! no Principal Vol.I” (onde os alumnos acompañan a artistas coma Carlos Martín, Joao Moreira e Carlos Barreto),“Nimbos” (curso 2004-2005), e “SPJ tributo a Charlie Parker” (cun texto de Ze Duarte o crítico de jazz máis prestixioso da península ibérica),“JAZZ LIVE! no Principal Vol.II” (onde os alumnos acompañan a artistas coma Filipe Melo, Dani Pérez, John O´Gallagher e Ramón Cardo), V Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra (curso 2005-2006), Doris Cales & SPJ group (coa cantora norteamericana Doris Cales), Ten Jazz Men “May´s Idea”, “JAZZ LIVE! no Principal Vol.III” (onde os alumnos acompañan a artistas coma Juanma Barroso, Tom Warburton, Jon Robles e Mikel Andueza), 6º Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra (curso 2006-2007), Pontejazz Big Band (coa dirección e arranxos de Carlos Azevedo), “JAZZ LIVE! no Principal Vol.IV” (onde os alumnos acompañan a artistas coma Antonio Serrano, Arturo Serra, Voro García e Bobby Martínez), 7º Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra (curso 2007-2008), “JAZZ LIVE! no Principal Vol.V” (onde os alumnos acompañan a artistas coma Marc Ayza, Demian Cabaud e Román Filiú), 8º Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra (curso 2008-2009), “JAZZ LIVE! no Principal Vol.VI” (onde os alumnos acompañan a artistas coma Nuno Ferreira, Guim García Balash e aos Vistel Brothers), 9º Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra (curso 2009-2010), “JAZZ LIVE! no Principal Vol.VII” (onde os alumnos acompañan a artistas coma Logan Richardson, Albert Sanz e Chris Kase), 10º Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra (curso 2010-2011), 11º Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra (curso 2011-2012), 12º Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra (curso 2012-2013), 13º Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra (curso 2013-2014), 14º Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra (curso 2014-2015), 15º Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra (curso 2015-2016), 16º Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra (curso 2016-2017), 17º Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra (curso 2017-2018).

Na actualidade o SPJ non soio é un curso intensivo de Outubro a Xuño, senón que é un dos dinamizadores do jazz na Galiza con ciclos coma o “Jazz no Principal” , ou o “Pontejazz” (no Festival Internacional de Jazz de Pontevedra), ou cursos coma o “Pontejazz Workshop”. Tamén neste tempo foi o impulsor do Festival Internacional de Jazz de Cangas “Canjazz” (ata o ano 2013), o “Marin Jazz Festival” (2008 e 2009) ou o Festival de Jazz de Meaño (2008 a 2010); ou cursos coma o “Canjazz Workshop” (ata o ano 2012).

Está pasando!