outubro, 2021

09out21:00'Reino da extinción''No outono, teatro'21:00 Pazo Emilia Pardo Bazán, SanxenxoEvento tipo:Escena

Detalles do Evento

Amorodio Teatro porá en escena a obra ‘Reino da extinción’, dentro do ciclo ‘No outono, teatro’, que acolle o Pazo Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo.

Comedia hilarante que aborda a problemática da perda do noso patrimonio inmaterial e que busca reactivar esa conciencia no público.

A capitá Centella e o doutor Potasio chegan coa súa nave á terra en busca do Ziscornio, o elemento necesario para salvar o seu planeta que está sendo atacado por bichos malignos.

Co elemento secreto no seu poder, Centella e Potasio soben á súa nave espacial e despídense das boas xentes, dispoñéndose a despegar, pero comezan os problemas!!! Rompe o vehículo, perden o mapa, chegan os malos e a cousa complícase…

Poderán Centella e Potasio regresar ao seu planeta? Conseguirán que as boas xentes da Terra os axuden? Pasen e vexan se estes intrépidos aventureiros dan conta do recado.

Espectáculo recomendado para maiores de 14 anos.

Entrada de balde ata completar aforo.

Reserva de entradas no teléfono 986 727 936.


Hora

(Sábado) 21:00

Localización

Pazo Emilia Pardo Bazán

Rúa Miraflores, 3, 36960 Sanxenxo

Está pasando!