Todo preparado na Praza da Ferraría para acoller a Festa dos Maios

30 Abril 2024

A poeta Cynthia Menéndez será a encargada de darlle a benvida ao maio, para a continuación celebrarse o clásico concurso con premios ao mellor maio, á interpretación, ás coroas e ás letras


A Praza da Ferraría acollerá este mércores, 1 de maio, a tradicional Festa dos Maios, a partir das 11.00 horas e na que participarán os seguintes maios: Maio de Figueirido, Maio de San Xulian, Maio Marcos da Portela, Maio de Campaño, Maio de Marcon e o Maio de Campolongo.

A poeta Cynthia Menéndez será a encargada de darlles a benvida, para a continuación dar paso ao concurso dos maios, con distintos premios, entre os que se inclúen o premio ao mellor maio, á mellor interpretación, ás coroas e ás letras.

Namentres o xurado se retira a deliberar, os asistentes poderán gozar da actuación no escenario da Praza da Ferraría o grupo Son da Pedra.



A Concellaría de Cultura que dirixe Demetrio Gómez fai unha achega de 6.250 euros para os premios do concurso que serán os seguintes:

  • Premio por participación a cada maio: 150 euros
  • Premio especial do xurado: 300 euros.
  • Premios ao maio tradicional
  • Premios ás cantigas
  • Premios á interpretación
  • Premios á coroa

Nestas catro últimas categorías os premios serán:

  • 350 euros
  • 300 euros
  • 250 euros
Está pasando!