Pontevedrada 2024

sáb27abr20:00Pontevedrada 2024marcha nocturna e ininterrompida a pé20:00 Alameda de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Convertida e vista xa como un clásico das marchas nocturnas, a Pontevedrada situase como unha das citas máis rechamantes e exitosas á hora de concienciar e captar camiñantes.

Organizada por ASAMPO (Asociación de Amig@s de la Pontevedrada), a ‘Pontevedrada’ é unha marcha que xorde do impulso dun grupo de doantes e cuxo principal obxectivo é concienciar á poboación sobre a importancia que ten para todos a doazón altruísta de sangue, órganos e tecidos.

Unha marcha nocturna e ininterrompida a pé, de 67 quilómetros, a través do Camiño de Santiago Portugués, desde a cidade de Pontevedra ata a Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela.

O principal obxectivo da ‘Pontevedrada’ é concienciar á poboación da gran importancia que ten para todos a doazón altruísta de sangue, órganos e tecidos.

A ‘Pontevedrada’ xorde do impulso sinxelo e espontáneo dun grupo de doantes que convidan a todos a participar, o último sábado de abril de cada ano, deste pequeno gran reto nocturno, que ten unha mestura de solidariedade, espírito de superación e ilusión permanente.


Hora

(Sábado) 20:00

Localización

Alameda de Pontevedra

Rúa Alameda, 36001 Pontevedra

Está pasando!