Festival Galegote Rock en Pontevedra

sáb27abr12:30Festival Galegote Rock en PontevedraFestival de bandas galegas con letras en galego12:30 Concello de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Galegote preséntase de novo como unha xornada imperdíbel para os amantes da música. A nova edición festa proposta promovida polo Concello de Pontevedra cristaliza nunha xornada onde as voces e as melodías galegas son as protagonistas, recuperando os bares como os escenarios principais para presentar as cancións e, como non, gozar das mesmas.

Até 14 actuacións distintas se desenvolverán na Boa Vila o vindeiro 27 de abril, con entrada libre e de balde a todas as propostas musicais ao longo do día en distintos locais e establecementos como son o Diaño, o Tabula Rasa, a Nasa, La Hormiga, La Pomada, O Grifón, O’Panderetas, La Verbena, o Chirala, The Groove House e o Sopa de Gallo.



Así, o cartel do Galegote configúrase coas seguintes bandas e artistas:

  • Contos nas verzas (espectáculo infantil)
  • Moucho (homenaxe a Dany Moure)
  • Lacón sin jrelos
  • Caldo
  • Filloas
  • Debajodelapalmera e Rodrigo Valiente
  • Ataque Escampe
  • Zeltia Irevire
  • Duendeneta Dilleis
  • Michu da rocha
  • Duques do precariado
  • Amoebo
  • Hydn
  • Érika Machado

Hora

(Sábado) 12:30

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!