A Orquesta Clásica de Vigo presenta 'Carmen'

xov09xuñ20:30A Orquesta Clásica de Vigo presenta 'Carmen'tempada 22.1 correspondencias20:30 Teatro Afundación - Vigo

Detalles do Evento

No mes de maio a Orquesta Clásica de Vigo pechará a primeira metade da tempada coa sorprendente obra composta en 1967 polo artista soviético Rodión Shchedrin.

‘Carmen’ é unha suite que recolle cunha inusitada limpeza e bo gusto a esencia musical e expresiva de Carmen, a inmortal obra de G. Bizet, integrándoa cunha delicadísima sección de percusión.

Neste concerto asistiremos a unha incrible combinación entre a tradición musical do século XIX e a percusión contemporánea a través dunha exquisita orquestración.

A suite de ‘Carmen’ é unha xenialidade que vos convidamos a escoitar e non podedes perder.

Entradas anticipadas á venda en Ataquilla.com dende 5 euros.


Orquesta Clásica de Vigo

A Orquesta Clásica de Vigo é a formación máis antiga de Galicia. Nace en 1984 da man de Manuel Martínez Álvarez-Nava e dende os seus comezos apostou pola innovación nos formatos e o traballo conxunto entre disciplinas, espazos e estilos.

Durante os anos que leva en activo, as obras interpretadas cóntanse por centos, e nos seus últimos programas incluíronse propostas de danza, cine en directo, bandas sonoras, combinando fórmulas máis actuais e obras consagradas.

A Orquesta Clásica de Vigo non entende de estilos ou etiquetas na súa programación, que se presenta como un espazo aberto de debate co que realizar novos proxectos e atraer a públicos distintos aos da música clásica tradicional.

Desde 1984 son moitas, e insustituíbles, todas e cada unha das persoas profesionais da música que pasaron pola Orquestra Clásica de Vigo.

A día de hoxe seguen ofrecendo o seu bo facer para que a música sinfónica poida chegar a todos os oídos, abordando estilos e propostas moi diversos, constatando que clásica é sinónimo de universal e atemporal.

Hora

(Xoves) 20:30

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo

Está pasando!