This is a repeating event

XXV Festival Internacional de Títeres de Redondela

lun13maiConsultarXXV Festival Internacional de Títeres de RedondelaMemorial Juanjo Amoedo(Consultar: luns) Concello de Redondela - Redondela

Detalles do Evento

Do 13 ao 19 de maio, a 25ª edición do Festival Internacional de Títeres de Redondela (Memorial Juanjo Amoedo) encherá a vila dos viadutos do mellor teatro e música do panorama internacional, despregando un total de 73 actividades da man de 28 compañías da máis variada procedencia.

O Multiusos da Xunqueira acollerá propostas do arxentino Sergio Mercurio ou La Chana Teatro, gañadora do Premio Max ao mellor espectáculo para público familiar, dentro da programación de sala.

Un ‘Aquiles’ xigante de 5 metros de altura e múltiples funcións de teatro de monicreques encherán as rúas e prazas da vila na fin de semana Redondela, 6 de maio de 2024.

Será unha experiencia para novos espectadores e espectadoras. Unha festa da diversidade que encherá de novo Redondela de marionetas de fíos, monicreques tradicionais, vangardas creativas, xogos participativos, animación de rúa e un feixe de sorpresas.



Redondela xa está no mapa dos grandes Festivais de Títeres de Europa, converténdose nunha necesidade vital e social, un lecer intelixente e enriquecedor que cre na arte do Teatro como ferramenta de cohesión social, achegando ao cidadán/á ao mundo do Teatro e propoñendo unha experiencia para o espectador/a.

Debemos agradecer ao noso público a súa teima e interese que ano a ano fai do Festival unha festa interxeneracional, e por suposto tamén agradecer a todo o equipo humano de Xente Titiriteira: colaboradores/as , voluntarios/as e institucións que levan 25 anos traballando e apostando por un festival que deixe pegada na alma de todo un pobo.

DESCARGAR PROGRAMA 2024 EN PDF

Hora

Consultar (Luns)

Localización

Concello de Redondela

Está pasando!