'Bailen as vellas. Os contos das cereixas' en Mondariz

sáb21xuñ20:30'Bailen as vellas. Os contos das cereixas' en MondarizVero Rilo e Atenea García20:30 Concello de Mondariz - Mondariz

Detalles do Evento

Os contos, ás veces, son coma as cereixas, cando botas un á boca parece imposible deixar de botar máis.

Co gallo das Letras Galegas 2025, Vero Rilo e Atenea García traen aos Xardíns do Concello de Mondariz o espectáculo de narración oral para adultos ‘Bailan as vellas. Os contos das cereixas’.

A través deste espectáculo trasládannos o legado das que non calaron, das que cantaron e bailaron para, así, traelas aos escenarios. Unha proposta de narración oral para público adulto que reivindica a cultura, a música e a poesía de transmisión oral galega.

Estas historias chegan agora a escena para que non se perdan, para que as vellas canten e bailen tamén no noso presente.

Este evento forma parte da axenda cultural de xuño, organizada polo Concello de Mondariz.

Hora

(Sábado) 20:30

Localización

Concello de Mondariz

Está pasando!