‘Campo de sementes 2’ | © Museo de Pontevedra

Exposición ‘Campo de sementes 2’ en Pontevedra

xov23novConsultardom28xanExposición ‘Campo de sementes 2’ en PontevedraMUSEO DE PONTEVEDRA(Consultar) Edificio Castelao. Museo de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

‘Campo de sementes 2’ segue a pescudar no traballo realizado tanto polo profesorado da Facultade de Belas Artes de Pontevedra como dos egresados e egresadas que saíron das aulas do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo.

O presente proxecto tivo unha primeira edición co título ‘Mestras e mestrados’ que se puido ver no Edificio Sarmiento deste Museo de Pontevedra entre finais de 2020 e principios de 2021. Houbo logo unha segunda mostra co título ‘Campo de sementes’ na Fundación RAC de Pontevedra entre abril e maio de 2021. Entre ambas mostras participaron un total de 26 artistas.



Agora neste terceiro capítulo son 13 as e os artistas que amosan á cidadanía o seu traballo creador. Artistas vellos e novos, docentes na súa meirande parte, mais tamén exalumnado, que representan ben a diversidade de xeracións e linguaxes artísticas que se están a dar no seo da Facultade de Belas Artes de Pontevedra e que, cómpre non esquecelo, están a construír o edificio da arte contemporánea galega.

Comisario: Xosé Manuel Buxán Bran.

Coa participación de:

  • Maruxa Alonso Gago
  • Berta Cáccamo
  • Miguel Cuba
  • Manolo Dimas
  • Carlos Fer
  • Elena Fernández Prada
  • Juan Fontaíña
  • Xisela Franco
  • Carmen Lage
  • Teresa Pajares
  • Ignacio Pérez-Jofre
  • Lucía Romaní
  • Sonia Tourón Estévez

Visitable do 23 de novembro de 2023 ao 28 de xaneiro de 2024 no Edificio Castelo do Museo de Pontevedra.

Horario: De martes a sábados, de 10:00 a 21:00 horas. Domingos e festivos, de 11:00 a 14:00 horas. Pechado os luns.

Hora

Novembro 23 (Xoves) - Xaneiro 28 (Domingo)

Localización

Edificio Castelao. Museo de Pontevedra

Rúa Padre Amoedo Carballo, 3. 36002 Pontevedra

Está pasando!