Concerto de Café Quijano en Vilagarcía

sáb17ago22:30Concerto de Café Quijano en VilagarcíaFESTAS DE SAN ROQUE 202422:30 Parque da Xunqueira - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

O recoñecido grupo leonés Café Quijano será o protagonista do concerto previsto para o sábado 17 de agosto, un día despois da Festa da Auga (venres 16 de agosto) e un antes de que Annie B. Sweet (domingo 18).

Como o resto dos recitais previstos ata agora -Guadi Galego o mércores 14 e Antonio Carmona o martes 20- o dos irmáns Quijano comezará ás 22:30 horas no parque da Xunqueira e terá carácter gratuíto.

Café Quijano non só forma parte da historia da máis exquisita música española senón que as súas cancións son éxitos que transcenderon a medio mundo e seguen sendo uns dos artistas españois máis recoñecidos internacionalmente. Na súa traxectoria teñen colaborado con artistas como Celine Dion, Carlos Santana, Armando Manzanero, Herbie Hancock, Black Eyed Peas e Joaquín Sabina, entre outros.

No panorama musical actual non existe un grupo que fose capaz de alcanzar as cotas máis altas de éxito e popularidade en dous estilos musicais tan diferentes: o pop rock e o bolero. En ambos conseguiron chegar ao número 1 en vendas e ser recoñecidos cos máis prestixiosos premios e nomeamentos internacionais, incluído o “Grammy Award”.

Coa súa maxistral triloxía “Orígenes: el bolero” foron o grupo con máis nomeamentos do mundo aos “Latin Grammy”: “Gravación do Ano”; “Álbum do ano”, “Mellor álbum de pop tradicional” e “Produtor do ano”.

Esa mestura única do mellor dos dous xéneros convive no máxico e enérxico directo dos irmáns Quijano, que vilagarciáns e visitantes poderán desfrutar o sábado 17 de agosto no parque da Xunqueira.

Hora

(Sábado) 22:30

Localización

Parque da Xunqueira

Rúa García Caamaño, 19, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!