Concerto de Fillas de Cassandra en Pontevedra

sáb17ago22:30Concerto de Fillas de Cassandra en Pontevedrafestas da peregrina 202422:30 Praza de España - Pontevedra

Detalles do Evento

O dúo Fillas de Cassandra, formado polas viguesas María Pérez (voz, percusión e piano) e Sara Faro (voz e percusión) actuarán o sábado 17 de agosto en Pontevedra, dentro da programación das Festas da Peregrina.

O concerto, con entrada gratuíta, dará comezo ás 22:30 horas na Praza de España.

O dúo fai unha aposta pola recuperación das melodías tradicionais a través de ritmos influenciados polo pop, a electrónica e a música clásica. A eles súmaselles a creación de novas líricas inspiradas no canto de tradición oral.

O piano e as diferentes percusións son apoiadas por bases electrónicas que crean unha atmosfera que convive coas súas letras e coidadas harmonías vocais.

Desde unha mirada feminista e actual, as súas composicións transitan da emotividade ao desenfado, logrando conectar cun público interxeracional.

Fillas de Cassandra conságrase como a promesa da música galega grazas á súa calidade artística e a súa poderosa presenza escénica.


Hora

(Sábado) 22:30

Localización

Praza de España

Praza de España, 1 36002 Pontevedra

Está pasando!