Concerto de Longa en Vilagarcía

xov22ago21:00Concerto de Longa en VilagarcíaFestas de San Roque 202421:00 Concello de Vilagarcía de Arousa - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

Dentro da programación das Festas de San Roque 2024, o xoves 22 de agosto, Longa ofrecerá un concerto na Ponte de Vista Alegre a partir das 21:00 horas.

Despois duns anos dedicada á composición e produción “in the box” para outros, Vicky presenta unha proposta que aínda está por definir en canto ao son e formato… Será un set de guitarras e voces atmosféricas? Unha viaxe de luces e sombras? Cancións de autor cun formato clásico? Electrónica e pop? Distorsión, crueza e desgarro? Un híbrido?…

O que si a caracteriza son as ganas de colaborar con outros artistas que admira, saltar ao baleiro con propostas moi diferentes, eclécticas e efémeras. Ten en mente un escenario con outro protagonista: o gran músico e guitarrista Pedro Falcón. Será a primeira ocasión que toquen xuntos, a primeira vez para o público e o primeiro directo de moitas cancións.


Hora

(Xoves) 21:00

Localización

Concello de Vilagarcía de Arousa

Está pasando!