This is a repeating event

Entroido Marín 2026

ven13febConsultarEntroido Marín 2026Do 13 de febreiro ao 8 de marzo(Consultar: venres) Concello de Marín - Marín

Detalles do Evento

A alcaldesa, o garda civil, o bispo, as viúvas… E por suposto a sardiña. Esas personaxes son as protagonistas do cartel deste ano do Entroido de Marín, no que o Concello e as asociación implicadas quixeron destacar o Enterro da Sardiña, que é Festa de Interese Turístico de Galicia, e que porá, coma sempre, o broche de ouro a unha programación entroidera chea de momentos de festa.

Volverán os Cantos de Taberna, o desfile infantil e o de adultos, a Festa do Merengue, as ludoxornadas… Todas as actividades que conforman o Entroido marinense xunto co Enterro e ás que támen se suman os Entroidos de San Xulián e o de Seixo, coa súa Burra Chirica.

Venres, 13 de febreiro

20:00h. Cantos de Taberna polos bares de Marín. Organiza: Concello de Marín e Saljariteiros.

Sábado, 14 de febreiro

16:00h. Inscrición Desfile Infantil. Alameda

16:30h. Desfile Infantil: Alameda, Real, Praza do Reloxo, Sol, Concepción Arenal, Ezequiel Masonni, rematando no Parque Eguren (No caso de choiva, o desfile cancelarase)

17:00-19:00h. Gran Festa Infantil no Parque Eguren, con música, animación e obradoiros, e filloas de balde. Organiza: Concello de Marín. (No caso de choiva, trasladarase ao Pavillón do IES Illa de Tambo)

Domingo, 15 de febreiro

12:30h. Pasarrúas das Comparsas de Marín con diferentes saídas para xuntarse na Alameda:

  • Paparrulos – saída dende a Barriada da Cañota
  • Os da Caña – saída dende a Rúa Landín Pazas
  • Amigos dos Rapaces – saída dende a Rúa Lameira

16:00h. Concentración de participantes do Desfile de Adultos. Praza do Regueiro.

17:00h. Gran Desfile de Entroido: Praza do Regueiro, Avda. de Ourense, Praza de España, Almuíña, Jaime Janer, Concepción Arenal, rematando no Parque Eguren coa entrega de premios. (No caso de choiva, aprazarase).

Luns, 16 de febreiro

Velorio do Enterro da Sardiña no Concello. Organiza: Ateneo Santa Cecilia e Concello de Marín.

12:00h. Festa do Merengue na Lameiriña, acompañados por Pousos da Area. Organiza: Amigos dos Rapaces e Concello de Marín.

17:00h. Festa infantil coa animación de Dolcevita na Lameiriña. Organiza: Amigos dos Rapaces e Concello de Marín (Sorteo ás 19:00h).

17:00-21:00h. Tarde de Ludoxornadas. Museo.

Martes, 17 de febreiro

16:00h. 2º Torneo de Chave Enterro da Sardiña. Organiza: A.C.D Gharaboto. Campos de Petanca municipais da Bda. Virxe do Carme.

17:00-21:00h. Tarde de Ludoxornadas. Museo.

17:30-19:30h. Obradoiros e xogos infantís de Entroido. Alameda. Ás 18:30h chocolatada de balde. Organiza: Concello de Marín.

20:00h. Entrega de Premios do Concurso de Orellas e Filloas. Ateneo (recepción ás 18:00h). Organiza: Ateneo Santa Cecilia.

Mércores, 18 de febreiro

18.00h. Velorio do Enterro da Sardiña, con reparto de viño e pan de millo. Alameda.

20.00h. Enterro da Sardiña. Saída da Alameda, Jaime Janer, Busto de Abaixo, Dr. Touriño, Sol ata á Praza do Reloxo, onde terá lugar o pregón. Ao rematar saída por Real, Almuíña, praza de España e despedida ao mar.

Sábado, 21 de febreiro

16.30h. Animación da Charanga Noroeste. Seixo.

17.00h. Desfile de Entroido de Seixo, dende San Blas ata a Alameda de Seixo coa homenaxe á Burra Chirica, lambonadas para a rapazada, rematando con sesión de música-baile. Organiza: Grupo Cultural Ronsel e Concello de Marín.

Venres, 27 de febreiro

17:00-20:00h. Entroido Solidario (Día Mundial das Enfermidades Raras). Multiusos. Organiza Asoc. NES (No Estamos Solos).

Domingo, 8 de marzo

17:00h. Desfile Entroido de San Xulián. Organiza: Comparsa Os da Caña.

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Concello de Marín

Marín

Está pasando!