This is a repeating event

Entroido Pontevedra 2026

sáb14febConsultarEntroido Pontevedra 2026Do 13 ao 21 de febreiro(Consultar: sábado) Concello de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O Concello de Pontevedra preparou unha programación extensa e diversa pensada para que grandes e pequenos poidan gozar do ‘mellor entroido urbano de Galicia’.

O pregón deste ano, que terá lugar o venres 13 ás 21:00 horas na praza da Ferraría, correrá a cargo da agrupación ‘Os das Pistas’. 

A festa comezará o venres 13 coa recepción ao Rei Urco e o mencionado pregón, dando paso a unha intensa semana de actividades.

O Entroido pecharase coas Xornadas sobre o Entroido de Galiza, organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega durante a fin de semana.

O programa do Entroido de Pontevedra 2026, que tamén se pode consultar en pontevedra.gal, é o seguinte:

 Venres, 13 de febreiro 

21.00h. Praza da Ferraría. Recepción do Alcalde a Urco, rei do Entroido, quen chegará a Pontevedra acompañado do seu séquito e das comparsas Os Retrincos, Os Miúdos, Amigos dos Rapaces e Flores del Carnaval. Lectura do Pregón a cargo do Grupo Os das Pistas.

21.30h. Pasarrúas das comparsas Os 100Tolos, Os Solfamidas, As Sonecas, Os da Caña, Os Canecos e Alegría de Bora.

 Sábado, 14 de febreiro 

16.00h. José Malvar. Concentración dos participantes no desfile para realizar a inscrición e recollida do número de participación.

17.00h. Desfile do Entroido. Saída dende a rúa de José Malvar; percorrerá as rúas de Loureiro Crespo, Benito Corbal, Peregrina, Michelena, praza de España e Alameda.

20.00 h. Praza da Ferraría. Celebración da Festa do Entroido durante a que se fará entrega dos premios do concurso de disfraces en cada unha das modalidades.

 Luns, 16 de febreiro 

17.00h. Praza de Curros Enríquez. Obradoiro infantil: maquillaxe.

19.30h. Praza da Peregrina. Presentación do Loro Ravachol. Recreación da botica de Don Perfecto Feijoo. Actuación: Os da Terra.

21.00h. Pazo da Cultura. Primeira eliminatoria do XXXIV Concurso de Murgas.

 Martes, 17 de febreiro 

12.30h. Pasarrúas dos Corsarios do Lérez.

17.00h. Praza da Ferraría. Festa Pirata Infantil e Animación Infantil. Os Bolechas. ‘A Muller Orquestra’.

18.00h. Pasarrúas dos Corsarios do Lérez e Os Piratas Gaiteiros.

Noite Pirata. Amosa o teu lado pirata! Únete ao Pirata da Moureira! Asociación Combrus, Troula e Vamos a Todo.

20.00h. Saída de Curros Enríquez, Praza da Ferraría e Benito Corbal.

21.00h. Desembarco e Batalla da tripulación do Burla Negra na Praza de España.

21.30h. Baile Pirata: Concerto de King África na Praza da España.

23.00h. Pasarrúas pirata: Os da Caña, Solfamidas, Las Flores del Carnaval, Os Miúdos, As Sonecas, Os Canecos, Os 100Tolos, Os Retrincos, Os Amigos dos Rapaces e Alegría de Bora.

 Mércores, 18 de febreiro 

17.00h. Praza da Peregrina. Obradoiro: As máscaras de Ravachol.

18.00h. Casa da Cultura de Campañó. Recuperación do Entroido tradicional de Campañó. A Corrida da Rosca.

19.00h. Recreación da Botica de Don Perfecto Feijoo. Ambientación a cargo da Aula de Teatro Municipal con escenas da obra ‘Os vellos non deben de namorarse’ e persoeiros relevantes da época na cidade. Actuación de Polavila.

21.00h. Pazo da Cultura. Segunda eliminatoria do XXXIV Concurso de Murgas.

 Xoves, 19 de febreiro 

21.00h. Pazo da Cultura. Final do XXXIV Concurso de Murgas.

 Venres, 20 de febreiro 

17.00h. Rúa da Serra. Obradoiro infantil: creación dunha corneta.

21.30h. Prazas e rúas da cidade. XXIX Mostra do Parodia do Entroido.

00.00h. Praza da Ferraría. Entrega de premios da XXIX Mostra da Parodia do Entroido.

 Sábado, 21 de febreiro 

12.00h. Praza da Peregrina. Recreación da Botica de Don Perfecto Feijoo. Actuación de Boavila e Os Alegres.

12.30 h. Praza da Verdura, escaleiras praza de Ourense. Sesión Vermú. Murga Os do Val do Lérez, Murga Equipo Ja e Murga do Naveiro.

18.00 h. Praza da Verdura. Comezo do velorio de Ravachol na sala mortuoria. Prégase a asistencia de loito rigoroso.

19.30h. Pasarrúas: A Santa Compaña Leva a Ravachol.

21.00h. Saída do Cortexo Fúnebre, dende a praza da Verdura acompañado do seu séquito e das comparsas Os Canecos, As Sonecas, Os da Caña, Alegría de Bora, Vamos a Todo e Os Alegres, percorrendo as rúas de San Román, Ferraría, paseo de Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Princesa, Sabela II, Rúa Real, Sarmiento, Pasantaría e praza da Ferraría.

Velorio Infausto. Praza da Ferraría. Cabodano das honras fúnebres do fenecido Ravachol. Procederase á incineración do finado. Na súa honra terá lugar unha sentida coroa fúnebre, cun espectáculo necrolóxico.
Programa:

  • Introito coa lectura dunha elexía para o finado
  • Celme, danza da morte
  • Saeta Val do Lérez
  • Incineración do loro Ravachol

22.00 h. Pasarrúas das comparsas Os Miúdos, Os Retrincos, Os Amigos dos Rapaces, Las Flores del Carnaval, Os 100Tolos e Os Solfamidas.


XIV XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

Sala multiusos do Teatro Principal.

 Venres 20 de febreiro 

18.00h. Apertura das xornadas.

18.10h. Presentación do traballo fotográfico ‘Microcosmos’. A cargo de Roberto de la Torre (Fotógrafo).

18.30h. Conferencia ‘O Entroido de Mugares’. A cargo de Roberto Álvarez (Presidente da Asociación Cultural Entroido de Mugares).

19.30h. Proxección do documental ‘O regreso da Momada’. A cargo de Rafael Quintía (Antropólogo e director do documental) e Manuel Suárez (Asociación Cultural Entroido de Aguasantas).

20.45h. Mesa redonda cos relatores.

 Sábado, 21 de febreiro 

18.00h. Apertura das xornadas.

18.10h. Presentación do traballo “Pastores de seres indómitos”. A cargo de Anxo Rosales (Etnógrafo).

18.30h. Conferencia “Santo Xusto, o Entroido na Ulloa”. A cargo de Bruno Villamor (Gaiteiro e escritor).

19.30h. Conferencia “Laza. O Entroido enxebre”. A cargo de María Xesús Blanco Sobrino (Lazana, entroideira de pro).

20.30h. Mesa redonda cos relatores.

21.00h. Clasura das xornadas.


XORNADAS GASTRONÓMICAS

Distintos establecementos hostaleiros ofrecerán degustacións e menús típicos do Entroido.

Coa colaboración do Centro Comercial Urbano-Zona Monumental.


BASES E PREMIOS

Consulta en pontevedra.gal as bases e os premios do Desfile do Entroido, do Concurso de Murgas e da Mostra da Parodia.

Hora

Consultar (Sábado)

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!