Festival 'Pequeno Circo de Nadal' en Salceda de Caselas

mar26decConsultarven29decFestival 'Pequeno Circo de Nadal' en Salceda de CaselasCompañía de Elfos de Nelson Quinteiro(Consultar) Concello de Salceda de Caselas - Salceda de Caselas

Detalles do Evento

A Compañía de Elfos de Nelson Quinteiro volve a programar o festival ‘Pequeno Circo de Nadal’ que por quinta edición encherá a Praza do Concello de Salceda de Caselas de panxoliñas, mimo, circo, contacontos, monicreques, clown ou rock infantil cos mellores artistas do momento!



A programación do Festival ‘Pequeno Circo de Nadal 2023-2024’ que se celebrará do 26 ao 29 de decembro en Salceda de Caselas é a seguinte:

Martes 26

  • 11:00 h FLASHTOP CHRISTMAS Pasatabernas e comercios coa Compañía de Elfos de Nelson Quinteiro
  • 16:00 h Apertura da Carpa. Obradoiro de Bolachas de Xenxibre
  • 17:00 h Espectáculo musical co completísimo CÉ ORQUESTRA PANTASMA
  • 18:00 h Espectáculo de circo e variedades coa Compañía de Elfos de Nelson Quinteiro: PEQUENO CIRCO DE NADAL

Mércores 27

  • 11:00 h Animación polo mercadillo, pasatabernas e comercios coa ALDEA MUSICAL DE NADAL (Itinerante)
  • 16:00 h Apertura da Carpa. Obradoiro de panxoliñas e karaoke de Nadal
  • 17:00 h Espectáculo musical co inigualable CAXOTO: ‘O APALPADOR’
  • 18:00 h Espectáculo de música e ritmo participativo arredor das panxoliñas internacionais ‘ALDEA MUSICAL DE NADAL’ (Espectáculo)

Xoves 28

  • 12:00 h Contacontos dentro da carpa a cargo da artista franco-italiana Fabiana Gastaldello ‘PINOCHO DESCUBRE O NADAL’
  • 16:00 h Apertura da carpa. Obradoiro de monicreques de papel con Viravolta Títeres
  • 18:00 h Espectáculo de monicreques e títeres tradicionais a cargo de Viravolta Títeres con música en directo ‘O GALO KIRIKO’

Venres 29

  • 12:00 h Espectáculo de clown a cargo de Hilo Producciones (Cantabria) ‘CALISTA, ESPECIALISTA’
  • 18:00 h Espectáculo especial de clausura. Concerto de rock infantil con UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA


Hora

decembro 26 (Martes) - 29 (Venres)

Localización

Concello de Salceda de Caselas

Está pasando!