IM-PULSE - Tributo a Pink Floyd en Pontevedra

ven16xan21:00IM-PULSE - Tributo a Pink Floyd en Pontevedraa banda tributo máis aclamada de Pink Floyd en España21:00 Auditorio Sede Afundación - Pontevedra

Detalles do Evento

IM-PULSE é a mellor banda tributo a Pink Floyd do país. Cunha excelente actuación en directo e unha presenza escénica espectacular, a banda malagueña converteuse nun referente, considerada a mellor homenaxe á lendaria banda británica segundo as opinións de miles de persoas que xa asistiron aos seus concertos.

Un abraiante espectáculo de imaxes, luz e son, meticulosamente elaborado, cativan ao público recreando a atmosfera única dos concertos desta gran banda, unha das bandas de rock progresivo máis representativas de todos os tempos.

Durante máis de dúas horas e media, interpretan fielmente un repertorio das cancións máis emblemáticas de Pink Floyd, baseado principalmente no icónico directo de P•U•L•S•E, pero sen descoidar os grandes clásicos de álbums anteriores que nos transportarán aos seus mellores tempos.

Tras o éxito da súa xira polas principais capitais españolas, continúan o seu terceiro ano de xira, ofrecéndonos un concerto espectacular onde revivir a maxia da música de Pink Floyd.

Entradas anticipadas á venda dende 29 euros en Ataquilla.com

Hora

(Venres) 21:00

Localización

Auditorio Sede Afundación

Rúa Augusto González Besada, 2, 36001 Pontevedra

Está pasando!