This is a repeating event

Nadal Marín 2024

mar24decConsultarNadal Marín 2024Do 5 de decembro de 2024 ao 5 de xaneiro de 2025(Consultar: martes) Concello de Marín - Marín

Detalles do Evento

O Concello de Marín presenta un Nadal Marín 2024 cheo de ilusión, actividades, cultura, tradición e desfrute que dará comezo o xoves 5 de decembro e que se extenderá ata o domingo 5 de xaneiro.

A ilustración deste Nadal máxico é obra de Blanca Millán, un cartel moi marinense que reflexa a vila cheíña desa ilusión que trae esta preciosa tempada do ano.



A programación de Nadal Marín 2024, que tamén podes consultar en concellodemarin.es/nadalmarin é a seguinte:

XOVES, 5 DE DECEMBRO

  • 18:00 h. Inauguración do NADAL MARÍN na Alameda

    • POBOADO DE NADAL.
    • TREN DE NADAL. Do 5 ao 8, do 13 ao 15 e do 20 de decembro ao 4 de xaneiro. Horario: 11.45-13.30 e 17.15 a 21.00h.
    • CARRUSEL DE NADAL. Organiza: Estrela de Marín. Ata o 7 de xaneiro.
    • MOSTRA DE ARTESANÍA DE GALICIA. Ata o 15 de decembro.

  • 18:30 h. Acendido do ALUMEADO DE NADAL, da man do Coro de Cámara Thalassa. A continuación, chocolatada popular. Alameda.
  • 19:00 h. Concerto de Nadal da BANDA DE MÚSICA de Marín. Alameda.

VENRES E SÁBADO, 6 E 7 DE DECEMBRO

  • IV MARÍN GAMING. Carpa do Parque Eguren.

LUNS, 9 DE DECEMBRO

  • Comezo das RUTAS DO TREN DE NADAL nos centros escolares de Infantil e Primaria.

VENRES, 13 DE DECEMBRO

  • 17.00 – 21.00h. LUDOXORNADAS. Xogos de Mesa. Museo Torres.

SÁBADO, 14 DE DECEMBRO

  • 17.00 – 21.00h. MINI MERCADO DE NADAL coas ANPAs de Marín. Carpa do Parque Eguren.
  • 18.30h. Bailes de Nadal das ZUMBIS. Parque Eguren.
  • 19.00h. Concerto de Nadal da UNIDADE DE MÚSICA DA ESCOLA NAVAL MILITAR. Multiusos Praza de Abastos.

DOMINGO, 15 DE DECEMBRO

  • 17.00 – 21.00h. LUDOXORNADAS, coa visita dos MOZOS DE AROUSA. Xogos de mesa. Museo Torres.

MARTES, 17 DE DECEMBRO

  • Exposición de CONTOS DE NADAL no Ateneo Santa Cecilia. (de martes a venres, de 17.30-20.30h e sábados, de 11.00-13.00h. Ata o 3 de xaneiro).
  • 18.00h. Inauguración da FEIRA NADAL MARÍN. Ata o 5 de xaneiro. Alameda.

VENRES, 20 DE DECEMBRO

  • 17.30h. Inauguración CARPA ENGADO MARÍN INFANTIL e XUVENIL, coa participación dos Bailes de Nadal das ZUMBIS de Marín. Parque Eguren. Aberta ata o 7 de xaneiro. HORARIO:

    • Zona Infantil: 11.30-13.30h / 17.00-21.00h
    • Zona Xuvenil: 12.00-14.00h / 18.00-22.00h

  • 18.30h. Festival de Nadal da ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA. Biblioteca Vidal Pazos.
  • 19.00h. Entrega de PREMIOS do Concurso de CONTOS DE NADAL. Ateneo Santa Cecilia.

SABADO, 21 DE DECEMBRO

  • 11.00h. RANCHO DE REIS polas rúas de Marín. Organiza: Asociación Pousos da Area.
  • 17.00h. V GALA BENÉFICA «Fai realidade a súa ilusión». Organiza: Botón de Ancla. Salón de Actos IES Illa de Tambo.
  • 17.00h. Actividade de dinamización comercial con animación infantil «A BOLBORETA ROSETA» de Agrupación de Teatro As Fedellas. Organiza: Asociación de Comerciantes C.C. Morrazo e Concello de Marín. Centro Comercial Morrazo.

DOMINGO, 22 DE DECEMBRO

  • 12.00h. PAPANOELADA MOTEIRA. Percorrido: saída da Praza de España, Vial de Praias, Seixo, Castro, rúas do centro urbano… finalizando na Alameda. Organiza: Galicia Solidarios.

MARTES, 24 DE DECEMBRO

  • 17.30h. PAPÁ NOEL percorrerá as rúas de Seixo. Actividades infantís na Praza de Abastos de Seixo. Organiza: ACEMAS e Concello de Marín.
  • 17.30 – 20.00h. Recepción de PAPÁ NOEL con animación musical e obradoiros de tatuaxes, decoración de unllas e pulseiras. Alameda de Marín.

XOVES, 26 DE DECEMBRO

  • 11.00h. Panxoliñas con MÁIS CANTOS. Praza de Abastos.

VENRES, 27 DE DECEMBRO

  • 12.00h. Títeres e Contacontos con TARABELOS. Organiza: ACEMAS. Casa de Cultura de Seixo.
  • 18:30h. Actuación do MAGO CALI. Ateneo Santa Cecilia.

SABADO, 28 DE DECEMBRO

  • 19.30h. TEATRO VERBAS. Organiza: Asociación Kalos. Multiusos Praza de Abastos.

DOMINGO, 29 DE DECEMBRO

  • 18.30h. Concerto de Nadal da BANDA DE MÚSICA DE MARÍN. Alameda.
  • 19.30h. Concerto de Nadal da CORAL EVANXÉLICA DE MARÍN. Organiza Asociación Kalos. Multiusos Praza de Abastos.

LUNS, 30 DE DECEMBRO

  • 12.00h. Maxia e diversión con POPÍN PALOMERO. Organiza: ACEMAS. Casa de Cultura de Seixo.

MARTES, 31 DE DECEMBRO

  • 11.45h. FESTA FIN DE ANO INFANTIL. Ás 12.00h recreación das uvas do Nadal. Alameda.

VENRES, 3 DE XANEIRO

  • 17.30h. CINE DE NADAL no Cine Seixo. Entrada libre ata completar aforo. Organiza: ACEMAS e Concello de Marín.
  • 20.00h. Concerto de Nadal das CORAIS Thalassa, Centro Sociocomunitario e Lembranzas de Marín. Igrexa Vella.

DOMINGO, 5 DE XANEIRO

  • 11.30 – 14.00h. Elaboración de CARTAS para os REIS MAGOS co Paxe Real. Alameda.
  • 18.30h. GRAN CABALGATA DE REIS co percorrido habitual.
  • Ao rematar, BELÉN VIVINTE. Organiza Asociación Os da Caña e o Concello de Marín. Igrexa Nova.
  • 20.00h. SORTEO entre as compras realizadas na FEIRA NADAL MARÍN. Alameda.


Hora

Consultar (Martes)

Localización

Concello de Marín

Marín

Está pasando!