This is a repeating event

'La movida, el musical de los 80's' en Vigo

ven01mar21:00'La movida, el musical de los 80's' en Vigoby Theatre Properties21:00 Auditorio Mar de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

O venres 1 e sábado 2 de marzo, chega ao Auditorio Mar de Vigo o espectáculo ‘La Movida, o Musical dos 80’s’, unha produción de Theatre Properties, en coprodución con Atresmedia, Planeta Fama e Grupo Aventix.

Da produtora de grandes musicais como ‘Peter o Musical’, ‘Annie, Jekyll & Hyde’, ‘Romeo e Julieta. Un Amor Inmortal’ ou ‘The Full Monty’, chega esta nova produción, de gran formato, única e orixinal que non che deixará indiferente.

Un total de 24 números musicais e máis de 35 cancións do pop español da década dos 80 entrelazados nunha historia inesquecible, fresca e actual.

Un espectáculo cheo de grandes valores e arroupado cunha gran escenografía, vestiario e posta en escena, onde o espectador convértese nun máis da historia.

Unha trama entrañable sobre o amor, a amizade, e a toma de decisións, protagonizado por grandes artistas nacionais e internacionais do teatro musical, que farán deste gran espectáculo un deleite para os sentidos.

O venres, 1 de marzo o espectáculo dará comezo ás 21:00 horas e o sábado, 2 de marzo, en dobre sesión, ás 18:00 e 21:00 horas.

Entradas anticipadas á venda desde 38,50 euros en teuticket.com


Hora

(Venres) 21:00

Localización

Auditorio Mar de Vigo

Av. da Beiramar, 59 36202 Vigo

Está pasando!