This is a repeating event

Mercadiño Solidario de Nadal en Redondela

ven19decConsultarMercadiño Solidario de Nadal en Redondela19, 20 e 21 de decembro(Consultar: venres) Concello de Redondela - Redondela

Detalles do Evento

O Mercadiño Solidario de Nadal, que se celebrará os días 19, 20 e 21 de decembro, estará na Praza Constitución para que veciñanza e visitantes poidan mercar agasallos de Nadal orixinais e solidarios.

O horario de apertura será:

  • Venres 19: de 16 a 20 horas.
  • Sábado 20: de 10 a 13:30 e de 16 a 20 horas.
  • Domingo 21: de 10 a 13:30 horas.

Esta iniciativa solidaria forma parte das actividades organizadas polo Concello de Redondela dentro da programación de Nadal, en colaboración coas asociacións locais como Andaina, Lenda, DaMan e o Colectivo Republicano.

Este ano a maiores participan por primeira vez a ANPA Pedro Floriani, a ANPA Penedos do CEIP Laredo e a ANPA Paulina Sánchez Otero do IES Illa San Simón, dita participación é para recaudar fondos para as excursións de fin de curso. Tamén estará a Fundación Santa Cruz cos traballos que elaboran as persoas usuarias desa institución.

Con este Mercadiño búscase fomentar a solidariedade e apoiar o traballo vital destas entidades que operan no eido social e asistencial no noso municipio.

O principal desta iniciativa é dobre: por unha banda, recadar fondos para que as asociacións participantes poidan continuar cos seus proxectos e servizos esenciais, e por outra, ofrecerlles un espazo para visibilizar as súas causas e concienciar á cidadanía sobre as realidades que abordan.

Hora

Consultar (Venres)

Localización

Concello de Redondela

Está pasando!